xoves, 13 de febreiro de 2020

Rescatadores de PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso ou en perigo de desaparición. Moitas delas nin sequera aparecen nos dicionarios.
Como a nós pareceunos unha idea moi interesante decicidimos recrutar un grupo de rescatadores de palabras🔍🔍🔍, que estiveron pescudando nas súas casas familiares na procura desas palabras tan especiais que forman parte do noso patrimonio máis importante: a lingua.
De momento son tres rapaces de 2º de ESO A os que comezaron o traballo, coordinados pola súa profesora Juncal. Diana, Samuel e Rosalía, preguntaron á súa tía, bisavoa e avoa, respectivamente👂📝, e conseguiron unhas cantas palabras máxicas que enviamos a AELG para que as recolla no seu arquivo.
Marabillosas palabras coma marxa, biorto, piallas, apericolado ou senardá forman parte do noso tesouro lingüístico e que proveñen de diferentes zonas da nosa provincia como a Mariña Oriental, a montaña luguesa ou Friol.

Habemos de ampliar o equipo de "rescatadores" para descubrir máis palabras agochadas na memoria dos nosos maiores👴👵. Grazas aos tres!


Ningún comentario:

Publicar un comentario