Amosando publicacións coa etiqueta escritores galegos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escritores galegos. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de novembro de 2021

LOITO NAS LETRAS GALEGAS

Recibimos con grande tristura a nova do pasamento de Darío Xohán Cabana, un dos grandes da nosa literatura. Nado en Roás (Cospeito) en 1952, Darío Xohán Cabana foi poeta, novelista e tradutor, labor polo que foi recoñecido con máis dunha ducia de premios. Era membro da Real Academia Galega desde o ano 2006.  Lamentamos fondamente a súa perda. Quedan a súa memoria e a súa obra❤✎📚....