Amosando publicacións coa etiqueta Traballos alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Traballos alumnado. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de xuño de 2022

PREMIADOS E PREMIADAS NO CONCURSO DE SELOS EX-LIBRIS LETRAS GALEGAS 2022


A proposta de Roi González Carballo, de 4º de ESO, resultou gañadora🥇 do Concurso de Selos Ex-libris Letras Galegas 2022📚. Co seu deseño faremos uns selos de madeira para marcar os libros en lingua galega do noso centro, e un dos selos será para Roi como agasallo de premio :) Como tamén nos gustaron moito a proposta de ex-libris da Rosalía-manga, ideada por Marta Devesa, e a de Román Pereira Cuba, acordamos outorgarlles uns accésits e encargaremos adhesivos coas súas creacións. Parabéns, artistas!🖋🖊✎🖉


sábado, 19 de febreiro de 2022

CINCO ANOS DESPOIS... BANDA DESEÑADA

 


Que foi dun grupo de amigas e amigos cinco anos despois da súa última xuntanza nunha pizzaría🍕? Os alumnos e alumnas de 4ºA e C fixeron estas xeniais bandas deseñadas a partir da proposta inicial. Con cal dos/das protagonistas vos sentides máis identificados/as?😌😛😶😏😉😁🤔

venres, 4 de febreiro de 2022

OUTRA RONDA DE VÍDEO-POEMAS!

Seguimos a gozar das propostas dos nosos alumnos e alumnas de recrear audivisualmente poemas dos nosos autores e autoras. Desta volta Sergio realiza unha lectura do poema "Anoitecer na terraza" de Xavier Seoane🌇 e Anne agasállanos cunha festiva versión do "Xan" de Rosalía de Castro acompañado pola música da cantante Uxía🥳

Que vos gusten!







 

xoves, 3 de febreiro de 2022

POESÍA AUDIOVISUAL

Velaquí dúas mostras de vídeo-poemas🎥📸 realizados polos nosos alumnos e alumnas de 4º de ESO, inspirados nos versos de coñecidos poetas galegos. Fantástico o vídeo de Román baseado nos versos do poema "Terra Chá" de Manuel María; e fantástico o de Estela, que se inspirou no poema "Soa" de Antía Otero.👌👌👏👏👏

Gozádeos e contádenos que vos parecen, haberá máis, prometido!😀




 
 

 


xoves, 16 de decembro de 2021

OBRADOIRO DE PAPIROCONTOS NADAL 2021


Esta é a actividade conxunta que vos propoñemos o Departamento de Matemáticas e o EDLG para a Feira de Nadal o vindeiro 21 de decembro: o obradoiro de Papirocontos 💫 A fórmula é moi sinxela: creades unha figura de papiroflexia relacionada co Nadal🎄 (Beatriz, a experta no tema, axudaravos), a seguir escolledes dunha caixa unha palabra ao chou⌧ e co nome da figura que creastes e a palabra escollida escribides un microrrelato nun post-it!✎✎

Veredes que experiencia tan divertida e orixinal!👌

martes, 14 de decembro de 2021

VISITADE A LIBRARÍA NÓS

 

Ide dar unha volta polo stand da Libraría Nós, alí aconsellaravos amábelmente Vicente Risco sobre calquera tema🎓 E non perdades a oportunidade de levar de agasallo🧧 un cartaz da Xeración Nós se mercades algún exemplar das obras de Castelao, que vos asinará encantado📖✍, como está a facer con Ramón Carballo, protagonista dunha das súas Cousas. Tamén saíron das Cousas para botar un ollo pola feira, a Marquesiña e Migueliño con seu pai.📚

Vai ser doado que vos topedes con don Ramón Otero Pedrayo de palique con algún fidalgo e a Ramón Cabanillas curioseando. Mesmo o Porco de Pé🎩🐷 comprou un libro!! Quen o pode crer!!

Este é o traballazo do alumnado de 4ºC🔝, que quixo mostrar a importancia do Grupo Nós e das Irmandades da Fala na nosa cultura. Parabéns a Noa, Roi, Román, Nerea e Mara polos debuxos🎨✎📔 e aos demais compañeiros e compañeiras polo traballo de documentación e de montaxe🔖📑📕📗📘📙✄!

Esta actividade está incluída no Proxecto EDUexcelencia no que participa o noso EDLG.

Visitade @leirantes, @irmandinhasdafala, @ramon_cabanillas_76 @seareiros.de.cabanillas.

martes, 16 de novembro de 2021

QUE COUSA COUSIÑA É? ADIVIÑAS PARA O OUTONO

 

No tempo das castañas, a matanza, as cabazas, as follas no chan, defuntos...🐷🌰🍁🍃💀 os alumnas e alumnos de 2º de ESO A e C puxeron a traballar o maxín🤔💡 e crearon estas enxeñosas adiviñas. A ver se atinades que cousa é 












martes, 26 de outubro de 2021

A PUCHA DE DON RAMÓN

 

Ramón Cabanillas, o Poeta da Raza, adáptase aos tempos que corren e ten dúas contas de Instagram de seu @ramon_cabanillas_76 e @ramonc1876 onde colga as súas publicacións literarias, entrevistas, reflexións, etc📖📘📙📗📺📻💭 e atende amablemente os seus seguidores e seguidoras, que son moitos, respondéndolles as preguntas sobre a súa vida, obra, o seu traballo nas Irmandades na Fala, os seus vínculos co Agrarismo... Mesmo os seus seareiros creáronlle unha conta @seareiros.de.cabanillas, que amosan tamén os seus traballos e aportan novidades sobre o poeta cambadés. Mesmo chía en Twitter🐥 en @cabanillasrmn! E séguenos en @leirantes!
Tradición e modernidade a un tempo. Parabéns ao alumnado de 4ºA e 4ºC polo seu traballo👏

luns, 30 de novembro de 2020

EXPOSICIÓN DA CHACINERÍA "CELIDONIO". UNHA INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DE "O PORCO DE PÉ"

O Grupo Nós dá para moito e ademais da exposición virtual De Nós a nós que visitamos hai unhas semanas, o alumnado de 4º de ESO C e D interpretou artisticamente a Don Celidonio, o protagonista de O porco de pé, novela máis célebre de Vicente Risco. Os alumnos e alumnas souberon interpretar moi ben a esencia do personaxe a partir da maxistral descrición caricaturesca que del fai Risco: a súa vulgaridade, o seu amor polos cartos, o seu físico porcino... 🐷💗💰 Védeo vós mesmos. 

Tan ben quedaron que decidimos montarlle unha chacinería para que faga negocio. Mentres, admirade o traballo dos nosos rapaces e rapazas no noso taboeiro.👌




 








mércores, 3 de xullo de 2013

Os homes-lobos

Alba Valín, alumna de 3º de ESO realizou a seguinte presentación para a exposición oral realizada na clase de Lingua Galega.