Parabéns aos premiados e premiadas e a todos e todas cantos participastes! 💙🤍
luns, 20 de xuño de 2022
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022.
luns, 6 de xuño de 2022
PREMIADAS E PREMIADOS NO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2022
Coma sempre é para nós un pracer comunicarvos as gañadoras e gañadores do Concurso Literario Letras Galegas 2022! 🏅🥉🥈🥇
NARRATIVA 1º CICLO ESO
1º Premio. Aitana Sofía Sastre Pineda
2º Premio: Darío Icardo Carballo.
POESÍA 1º CICLO ESO
1º Premio. Sophia Duarte Rodríguez
2º Premio. Hiba Rochdi
Accésit. Ashley Polanco Canario.
NARRATIVA 2º CICLO ESO
1º Premio. Rosalía Bernárdez Riopedre.
2º Premio. Martín Penas Rodríguez
Accésit. Noa Rodríguez Carballeira.
A entrega dos premios do Concurso Literario e do Concurso de Deseño de Selos ex-libris terá lugar o venres 17 de xuño á hora do recreo na Biblioteca.
Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas a todos/as os/as participantes!!!💙
luns, 9 de maio de 2022
CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2022
Como cada ano convocamos o Concurso Literario das Letras Galegas. Hai dúas modalidades: relato curto e poesía e o tema, inspiráronnos estes días, "O meu verán"






. Que vos parece?Os premios serán outorgados por ciclos educativos:
- 1° ciclo de ESO. 1°
e 2°
premio por cada modalidade.-2° ciclo de ESO. 1°
e 2°
premio por cada modalidade.-Bacharelato. 1 premio.

Se os/as integrantes do xurado o consideran, entregaranse tamén accésits:

Sempre acabamos concedendo algúns
Tedes que enviar os vosos traballos en arquivo a este enderezo electrónico co voso nome e curso: eunfalar@gmail.com
. No asunto poñedes "Concurso 2022"A data límite para enviardes as vosas creacións é o 23 de maio.
Animádevos a nos falar do voso verán!E para os/as artistas🎨 propoñémosvos deseñar un selo para decorar o libros en lingua galega do noso centro. Soamente ten que aparecer como texto: Letras Galegas IES Leiras Pulpeiro. O motivo tería que estar relacionado coa escritura e a literatura. Seguro que se vos ocorren ideas xeniais!
domingo, 3 de abril de 2022
UN ALUMNO E UNHA ALUMNA DO NOSO CENTRO, FINALISTAS DE #LinguaDeNamorar!
xoves, 10 de marzo de 2022
CONCURSO COCA COLA 2022
Non esquezades que o ano pasado unha alumna do Leiras resultara gañadora provincial!✌✌
Moitas grazas por participardes, rapaces, e moita sorte!!🍀🍀🍀
luns, 14 de febreiro de 2022
DOBRE GAÑADORA DO CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO!
martes, 18 de xaneiro de 2022
CONCURSO DE MICRORRELATO COLECTIVO COCA-COLA NOVOS TALENTOS.
O microrrelato selecciónado inspirará a un ilustrador ou ilustradora🎨 para debuxar o estímulo creativo desta edición do concurso. Nós xa nos apuntamos ao aperitivo, a ver se se animan a continuar...
Saia ou non saia elixido un dos dous relatos, foi toda unha experiencia literaria e creativa. Bo traballo, rapaces!👌 A ver se hai sorte🍀
venres, 31 de decembro de 2021
ENTREGA DOS PREMIOS ÁS GAÑADORAS DO CERTAME #MICRORRELATAS
Onte, 30 de decembro, tivo lugar no Ágora de A Coruña o acto de entrega dos premios ás gañadoras do certame #Microrrelatas, nin máis nin menos que catro alumnas do Leiras Pulpeiro. Todo un orgullo rematarmos o 2021 con novas coma esta! Grazas á xentileza de Eva, ex-profesora de Lingua Castelá no noso centro e gañadora dun premio na súa categoría, temos fotos do evento. Parabéns, rapazas👏👏👏 e Feliz e Ventureiro 2022 a todos e todas.💙📆🗓
venres, 29 de outubro de 2021
PLENO NAS #MICRORRELATAS!
E que gocedes todos e todas co relato de Noa!
martes, 26 de outubro de 2021
DERRADEIRA QUENDA DAS #MICRORRELATAS
Con tanta lata habemos de montar unha tenda de comestibles😂 Esta semana é a cuarta e derradeira quenda do concurso #Microrrelatas organizado por Normalización Lingüística do Concello de A Coruña. Tras os éxitos de tres alumnas nosas nas anteriores quendas, sería ben repetir outro/a gañador/a como broche final, non si?😊
Pois ben, estas son as palabras latosas, tomade nota!📝
- Menores de 18 anos: larpeirada😋🍩, estudo📖📚, produto, nai👶
- Maiores de 18 anos: penico, romance💕, traballo, destrución☇
sábado, 23 de outubro de 2021
TRIPLETE DE GAÑADORAS! #MicrorrelatAs
A alumna de 4º de ESO Adriana Fernández Pazó resultou gañadora🏆 na terceira quenda do certame #MicrorrelatAs co seu fantástico e agoniante "Quero escapar deste traxe laranxa"😱. Recordade que Iria Burgo e Rosalía Bernárdez Riopedre gañaron nas quendas anteriores. Queda a da semana que vén... Faremos "cuadriplete"?🔢
Estamos moi felices de ver tanto talento literario en lingua galega no IES Leiras Pulpeiro porque sabemos que houbo máis microrrelatos moi bos que foron ao concurso📝💭
Abaixo podedes ler o microrrelato de Adriana. Moitos parabéns á gañadora!👏👏
martes, 19 de outubro de 2021
3ª QUENDA DO CONCURSO #MICRORRELATAS
Despois dos éxitos das dúas anteriores semanas ✌🏆, queremos máis! Velaquí vos van as palabras máxicas desta semana para creardes as #MicrorrelatAs. Propoñemos as dúas categorías e así vos animades máis xente😊:
- Menores de 18 anos: xanela, abafar😪, crecho, arela.
- Maiores de 18 anos: proído, siringa, angueira, perigo⚠ (non o hai por escribir😉)
luns, 18 de outubro de 2021
OUTRA ALUMNA DO LEIRAS, GAÑADORA DA 2ª QUENDA DO CONCURSO #MICRORRELATAS
SOMBRAS
Camiñaba pola rúa. Apurando os pasos imprecisos, atravesei o centro de Lugo, agardando o primeiro resplandor da treboada. Onda a muralla, o vento xeado golpeaba o abrigo vello, livián, de remendado chafalleiro; a lúa asubiaba o meu nome. Un brillo afastado atraera a miña vista, andei amodo, coas cóxegas incesantes acariñando as miñas costas. Noite de defuntos, rúas espidas, ceo nú, estrelas amortuxadas. A cacharela refulxía, achegueime, a miña sombra negra avanzou máis veloz sobre a pedra rugosa do groso muro, bailando ao compás do reflexos baleiros das laparadas. Notei o golpe seco, osbre a testa. As pingas de auga caían con forza, precipitábanse sobre o mundo real, mortal, tanxible. Esfumouse a cacharela, detiven o movemento, a miña sombra, pola contra, seguía danzando, xunto aos longos filamentos, vestixios do lume esvaecido.
xoves, 14 de outubro de 2021
CONVOCATORIA DO 27 CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO
Hai dous anos unha alumna do Leiras, Rosalía (inspirará o nome?😉), gañou o 1º premio na súa categoría 🏆
Non é unha indirecta, eh😁... Como ben sabemos que rulan polo noso centro moitos escritores e escritoras talentosos, animámosvos a que participedes no 27 CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO, convocado polo Concello de Lugo.
Tamén as tedes no noso Instagram. @leirantes.
O certame ofrece 3 premios dotados de 200, 100 e 70 euros para os traballos realizados polos mozos de 12 a 14 anos e de 250, 130 e 100 euros para os de 15 a 18 anos💰🤑. Os gañadores tamén recibirán un diploma e un lote de libros📘📙📚.
Velaquí abaixo tedes as bases. Xa nos tardan as vosas creacións!
domingo, 3 de outubro de 2021
CONCURSO DE MicrorrelatAs NO MES DAS ESCRITORAS
A que non sabiades que outubro é o Mes das Escritoras? 👩👵👧📝📚Nós tampouco. Por ese motivo ímosvos dar a lata para que participedes no Certame SNL de Microrrelato en Feminino #MicrorrelatAs. Cada semana lanzarán catro palabras en feminino e vós tedes que enviar os microrrelatos a este correo inscricionlingua@coruna.gal.
Velaquí as bases:👇👇
- Hai dúas categorías: até 18 anos e maiores de 18. Asinarase o relato co nome, apelidos e idade.
- O concurso comezará o 4 de outubro e rematará o 29 de outubro. Faranse catro quendas semanais nas que o luns publicarán as palabras para incorporar. Seleccionarán o microrrelato gañador os venres a partir das 14h.
- Os textos serán en lingua galega.
- Só se poderá participar cun texto cada semana.
- A persoa gañadora unha semana non poderá seguir participando nas seguintes.
- O texto terá un máximo de 10 liñas escrito en letra ARIAL 12. Deberá conter polo menos dúas das catro palabras que se lancen cada semana.
- O xurado terá en conta a orixinalidade, a concisión, a forma do relato, así como a corrección gramatical e ortográfica.
- Os microrrelatos serán publicados nas redes (Facebook e Instagram) de Normalización do Concello de A Coruña, segundo os vaian recibindo.
- O premio consistirá nun lote de libros e produtos culturais.
- Se a situación sanitaria o permite a entrega realizarase de xeito presencial.
- Se o xurado o considera, poderanse conceder un ou varios accésits.
venres, 11 de xuño de 2021
UNHA ALUMNA DO LEIRAS PULPEIRO, GAÑADORA PROVINCIAL DO 3º PREMIO COCA-COLA DE NOVOS TALENTOS
A gala de entrega tivo lugar ás 11h da mañá.... na aula de Informática 2, porque ben sabedes que este ano as cousas teñen que ser así, a distancia, mais pasamos os mesmos nervios e emoción que coma se fose presencial.😌😂😵😰
Bravo, Adriana, sigue escribindo e bravo, os demais alumnos e alumnas do noso centro que participaron. Xa oístes ben á organizadora, levoulles moito traballo decidirse pola boa calidade dos relatos. 👌👍👍
venres, 4 de xuño de 2021
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021
- Poesía. 1º Premio: Sabela Barreiro Pérez, 2º Premio: Paula Núñez Ramírez. Accésit: Noa Pajón Real.
- Narrativa. 1ºPremio: Nuria Ledo Rodríguez, 2º Premio: Rubén Varela Rey. Accésits: Carmen Lian Rego Iglesia, Uxío Pita Bruzos, Samuel Manín García, Yaiza Sixto Fernández.
- Vídeo-poema Xela Arias. Accésit: Sara Nogueras Porto.
- Poesía. 1º Premio: Adrián García Rico, 2º Premio: Gabriel Valoría Figueroa, Accésits: Ignacio Illán Sastre, Aitor Teijido Coira, Marina Gómez Ibaseta.
- Narrativa. 1º Premio: Rosalía Bernárdez Riopedre, 2º Premio: Noa Rodríguez Carballeira, Accésits: Adriana Fernández Pazó, Sergio Navia Costa, Eva Díaz García.
- Vídeo-poema Xela Arias. Accésits: Andrés Martín Reija, Jarno Pousada Troitiño.
luns, 19 de abril de 2021
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021
- Poderase participar nos tres concursos á vez
- O tema proposto para o relato curto e o poema é "Viaxo ao futuro"
- A extensión máxima do relato serán 2 folios por unha soa cara.
- A extensión máxima do poema será até 24 versos.
- O vídeo terá que ser unha versión dun poema de Xela Arias
- Os traballos enviaranse ao correo eunfalar@gmail.com antes do 7 de maio.
- No asunto do correo terase que precisar a modalidade pola que se concursa.
- No corpo do correo o/a participante deberá indicar nome, apelidos, curso e grupo.
- O relato ou poema enviarase en arquivo.
- O vídeo enviarase nun formato que non pese demasiado. Animádevos! Moita sorte e longa vida ás Letras Galegas!💙📘
















