Amosando publicacións coa etiqueta Galego no exterior. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galego no exterior. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de maio de 2021

UN IANQUI NA TVG

Imaxe do perfil de Andy na súa conta de Instagram
Acabamos de coñecer a nova de que o noso amigo Andy Chichester, o mestre norteamericano galegofalante vai ser entrevistado na Televisión de Galicia o Día das Letras Galegas no programa Quen anda aí?📺 👏👏

Andy é o convidado perfecto para un día no que festexamos as nosa lingua (debera ser todo o ano) e homenaxeamos a Xela Arias. Cada vez son máis galegos e galegas que coñecen a Andy a través da súa canle de youtube Mira quen fala galego ou a súa conta de Instragram Chibarinclub e admiran o seu compromiso e amor cara ao galego. Todo un exemplo a seguir.

Estaremos pendentes de velo e de escoitalo👀👂. 

Parabéns, Andy, mándanos un saúdo aos teus amigos e amigas do Leiras Pulpeiro!!💙🙌🙌

 

venres, 18 de decembro de 2020

GRAZAS, ANDY!

O noso xa amigo Andy tivo a xentileza de nos dedicar dous vídeos especiais para responder comentarios e consultas que alumnas e alumnos do noso centro lle fixeron nos outros vídeos da súa canle Mira quen fala galego. Pola nosa parte, o EDL tamén lle agradeceu a súa atención, tempo e amabilidade por responder a todo o mundo. Os rapaces e rapazas saudárono, déronlle os parabéns polo seu estupendo galego, interesáronse polo seu amor pola lingua e por Galiza e mesmo o retaron a acertar adiviñas ou a recoñecer expresións tan de noso. El di que aprende de nós pero somos realmente nós os que temos que aprender del

Algúns dos alumnos amosaron o seu desexo de realizaren unha vídeo-charla con Andy e el está máis que disposto👏👏 Xa nos poñeremos ao asunto... 

Grazas, Andy, sabemos que amas o verde de Galiza.☺💚

  





mércores, 9 de decembro de 2020

QUEN É ANDY?

É un mestre de Primaria dos Estados Unidos.... galegofalante😮😮 que ama a nosa lingua e a nosa cultura . Nos vídeos de abaixo cóntanos da súa vida, do seu traballo e tamén nos explica porque lle gusta tanto o noso idioma, a nosa terra, a nosa comida👅😋🌂 e como conseguiu falar así de ben o galego. Ten unha canle e podedes escribirlle, que vos responde encantado. 

De xente así cómpre que tomen exemplo moitas galegas e galegos que pensan que a nosa lingua serve de pouco👎😕   Ben polo Andreíño (=Andy)!!👏 ✊ 💚