Amosando publicacións coa etiqueta Recitado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recitado. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de abril de 2021

XELA ARIAS NA RADIO LEIRAS

 A principal protagonista das nosas letras neste ano 2021, foi tema de tertulia e de entrevistas na Radio Leiras. A escusa foi un Concurso de podcast sobre Xela Arias organizado por Bibliotecas Escolares. Podíanse gravar até un máximo de tres e así fixemos. Os resultados foron espectaculares e aquí pasamos a agradecer o fantástico labor de todas e todos os integrantes da nosa comunidade educativa que nos "emprestaron" as súas voces. 👏👏👏👏📻🎤🎧

En primeiro lugar damos as grazas a Xabi Díaz por facer o traballo de editar e gravar os podcast🔧📟📡 para que quedasen como quedaron de ben. Grazas tamén a María Cabo por facilitar a sintonía musical🎶. E grazas aos compañeiros e compañeiras Ana Dopazo, Suso Coucheiro e Bea Iglesias por participaren no recitado dos poemas de Xela😀📖. As alumnas e alumnos Lucía e Samuel (4º de ESO ), Xavi, Area, José Luis e Martín (2º de ESO) Cinthia, Pablo, Iria e Maitane (1º de ESO) fixeron un excelente traballo como entrevistadores, recitadores e informadores💬📜📞📢 que foi posible grazas á coordinación de Rosa, Esperanza e Noemí💟.

Podedes escoitar o contido dos podcast premendo en Podcast 1, Podcast 2 e Podcast 3.

E así foivos todo. Que haxa sorte no Concurso🍀🍀 e se non gañamos nada, fica o gusto de participarmos nun programa na Radio Leiras.

 Mentres, vaivos un vídeo que resume a semana de gravación. Que vos preste!




xoves, 25 de febreiro de 2021

E SEGUIMOS DE FESTA CON ROSALÍA!

Cantando e bailando ao ritmo de Rosalía de Castro!!🙌🎉🎇 🎆Como se tería divertido véndoos! Velaquí tedes unhas cantas mostras do moito que dá de si a nosa poeta. É o que teñen as grandes, adáptanse a todo!👌 

Grazas, Rosalía (moi acaído o teu nome😄), Laura, Hugo, Charles, Estela, Ainoa,  Adrián, Cristian, Xabier, Antón, Sergio, Alejandro, Marta, Alexia e Gabriel! Todas e todos alumnos de 3º de ESO.  Vese que o pasastes en grande! Ímolo pasar agora nós.





                                            









                                           









venres, 15 de maio de 2020

#DetrásDoMostradorClarexaoCeo COMEZAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


E nada menos que coa participación do alumnado de 1ºde Bacharelato que preparou estes fermosos vídeos con poemas de Ricardo Carballo Calero, todo un autor polifacético que como ben vistes cultivou diferentes xéneros: teatro, literatura infantil, ensaio.... 

Alicia, Adrián e Laura fan un estupendo traballo de recitado con poemas como "Silencio" e "Madrigal a Rosalía". O autor estaría encantado de escoitalos.  Comprobádelo vós:






mércores, 28 de xuño de 2017

XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: creadores de historias

Un ano máis o EDL organizou o Recital Poético dedicado na presente edición a Carlos Casares e Castelao. Participou o alumnado de 3º e 4º de ESO, profesorado e persoal non docente.
Entregáronse os premios do XV Concurso Literario "Letras galegas Leiras Pulpeiro"
Podedes ver a reportaxe gráfica;
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: Creadores de historias on PhotoPeach

mércores, 9 de xullo de 2014

Letras Galegas no 1º Ciclo

Alumnado dos Agrupamentos de 1º de ESO expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de ESO aspectos de vida e obra do autor chairego Díaz Castro. No acto recitáronse poemas e repartíronse os premios de 1º Ciclo de ESO do concurso literario "Letras Galegas 2014"

Aquí podedes ver a reportaxe gráfica do acto

venres, 14 de xuño de 2013

Día das Letras Galegas 2013

O Día das Letras Galegas foi unha festa no instituto.

Entregamos os diferentes premios literarios mentres dúas compañeiras nos deleitaban cos sons da súas gaitas. Logo, sentámonos no chan e recitamos entre todos os marabillosos versos de Rosalía. Que ben o pasamos!


sábado, 27 de abril de 2013

RecitandoCelsoemiliO. 12-12-12

O día 12 de decembro de 2012 o EDL do IES Leiras Pulpeiro de Lugo sumouse á convotoria da Coordinadora dos ENDL RecitandoCelsoemiliO. Alumnos e alumnas de 1º,2º e 4º de ESO recitaron o poema "Deitado frente ao mar"



Recitado 12-12-12 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

mércores, 13 de febreiro de 2013

mércores, 6 de febreiro de 2013

Fotos do Recital no Día da Paz e da non Violencia

O 30 de xaneiro celebramos no IES Leiras Pulpeiro o Día da Paz e da Non Violencia. Velaquí deixamos unhas imaxes dos recitadores, acompanadas dunha das músicas coas que desfrutamos ese momento tan especial:

martes, 10 de xullo de 2012

Mil voces para Celso Emilio Ferreiro

A Radio  Cadena Ser de Lugo quixo render homenaxe ó escritor Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.  A homenaxe pretendía que a cidadanía puxese voz ós textos do poeta e  difundir estas gravacións a través das ondas durante o ano 2012.


O noso  cento sumouse a esta  ilusionante iniciativa cun grupo de alumnado, membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Galegas,  Simón Cuba, Nerea Santos, José López, José Ángel Núñez, Lucía Cabado, Laura García, Sabela Brand, Joel Cobas e as profesoras Juncal Martínez, Mª Xosefa Senín, Cristina Soto e Dolores Varela que leron poemas de Celso Emilio seleccionados e traballados previamente.

Alegrámonos de que xurdan  este tipo de   iniciativas  fóra do ámbito académico e procuaremos sumarmos e contribuír a todo o que supoña a difusión das nosa letras e cultura.