Hoxe fixemos a derradeira visita na Capela de Santa María, da exposición Afonso X e Galicia. Ademais de coñecer mellor os vínculos do Rei Sabio con Galicia👑📖, o alumnado de 3ºD puido admirar e ver o proceso de fabricación dos instrumentos medievais da man de Antonio, un dos maiores expertos no tema. Como sorpresa puidemos gozar dun mini-concerto de piano co que nos agasallou Uxío💙🎹🎶
mércores, 9 de febreiro de 2022
luns, 20 de decembro de 2021
VISITA DA EXPOSICIÓN "AFONSO X E GALICIA"
Os alumnos e alumnas de 3ºB participaron na visita guiada da exposición Afonso X e Galicia, na Capela de Santa María, acompañadas das profesoras Rosa e Juncal. Organizada polo Consello da Cultura Galega, os rapaces coñeceron máis polo miúdo os lazos do rei de Castela con Galicia.
luns, 24 de maio de 2021
AQUELA NENA DE SARRIA veunos visitar
Os días 19, 20 e 21 de maio tivemos a sorte de ter canda nós a exposición itinerante sobre Xela Arias, Aquela nena de Sarria. A mostra, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, os seus vínculos con Sarria e o rural, o seu amor polo idioma galego e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, entre outras cousas máis. A exposición inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autorapara este traballo.
O noso alumnado coñeceu máis cousas sobre a poeta sarriá visitando exposición e completando un cuestionario sobre a mesma.Agradecemos á compañeira Esperanza 😙o seu papel de intermediaria para que Xeliña puidese visitarnos. Foi un pracer coñecela.