Non vos prestaría coñecer mellor á poeta á que se lle dedican as Letras Galegas este ano tratando de saír dese cuarto onde se agochan adiviñas e segredos sobre ela?🔑🔓❓❕ Adiante! Remexede sen medo no escritorio de Xela Arias, nos seus papeis, notas, arquivos, fotografías, apuntamentos, libros🔍👀📖👂📋💻📜📝📷 e acabaredes descubrindo retallos moi interesantes da (curta) vida de Xela, autora dunha poesía moi persoal que non vos deixará indiferentes.
Amosando publicacións coa etiqueta Autores galegos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autores galegos b>. Amosar todas as publicacións
martes, 6 de abril de 2021
mércores, 24 de febreiro de 2021
DÍA DE ROSALÍA #rdc_2021 #TeusDocesCantares
Aínda que Rosalía de Castro merece ser lembrada todo o ano, foi ben que se decidise por escoller o 24 de febreiro, día do seu nacemento en 1837, coma un día para homenaxeala. Dende o IES Leiras Pulpeiro quixémonos unir á festa rosaliá con diferentes actividades realizadas polas nosas alumnas e alumnos.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fixo este ano unha proposta de actividade vinculada á música e á danza. E algo argallamos...
En primeiro lugar, seleccionamos un poema, Amores cativos e fixemos fotografías con persoas, animais, obxectos... que amosasen os sentimentos que suxiren o texto, que son moitos e moi profundos💔💕😒😢😫😔🔥😡💥😞. Puxemos un toque de humor, que boa falta fai nestes tempos🎉😝 Creamos un panel con fotos📷📷- podédelo ver na imaxe- xunto co Manifesto deste ano 2021 de Anna R. Figueiredo. Está exposto na entrada do centro.
A seguir, aproveitando a boa acollida que está a ter o Dicionario de Galego para Boomers, o alumnado de 1º de BAC A realizou un interesante experimento recreando este poema e adaptándoo ao vocabulario da xeración Zoomer😮. O resultado poderédelo ver entrando no Dicionario en Instagram. Poñémosvos imaxe da entrada cos versos orixinais para que vos veña a intriga 😜
Inda temos máis! Unha alumna e dous alumnos de 4º de ESO C, compuxeron e cantaron un trap a partires da versión Z de Amores cativos. Estupendo traballo o de Jarno, Ainhoa e Samuel que vos amosamos no vídeo de abaixo!
🎤🎥🎶👏👏👏👏
Tamén o podedes ver no Dicionario para Boomers.
E non perdades o divertido vídeo de Antía, de 3º ESO D cantando e bailando para pedirlle un home San Antonio bendito😂 Precisabamos de rir, bailar e cantar!
E a ritmo de gaita galega, Noa e María, tamén de 3º D, recitan Miña Santiña, miña santasa.
GRAZAS aos alumnos e alumnas de 1º de ESO C por axudar na montaxe no panel de Rosalía, aos de 1º de BAC A pola súa versión poética, aos de 4ºC e ás rapazas 3º D polos seus vídeos.
luns, 30 de novembro de 2020
EXPOSICIÓN DA CHACINERÍA "CELIDONIO". UNHA INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DE "O PORCO DE PÉ"
O Grupo Nós dá para moito e ademais da exposición virtual De Nós a nós que visitamos hai unhas semanas, o alumnado de 4º de ESO C e D interpretou artisticamente a Don Celidonio, o protagonista de O porco de pé, novela máis célebre de Vicente Risco. Os alumnos e alumnas souberon interpretar moi ben a esencia do personaxe a partir da maxistral descrición caricaturesca que del fai Risco: a súa vulgaridade, o seu amor polos cartos, o seu físico porcino... 🐷💗💰 Védeo vós mesmos.
Tan ben quedaron que decidimos montarlle unha chacinería para que faga negocio. Mentres, admirade o traballo dos nosos rapaces e rapazas no noso taboeiro.👌
xoves, 12 de novembro de 2020
COÑECENDO VIRTUALMENTE A ÉPOCA NÓS
Como neste curso non podemos acudir a ningunha exposición, a exposición ten que vir xunto de nós. Foi o caso de Galicia, de Nós a nós, que se pode visitar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela
Parte do alumnado de 4º da ESO participou nesta visita virtual sobre a Xeración Nós na que lles falaron do contexto político, histórico e social do período no que realizaron os seus mellores traballos os homes do Grupo Nós. A seguir, cando a tecnoloxía o permitiu, houbo un chat con preguntas.
Esperamos que as vindeiras visitas as poidamos facer en persoa...👪👫👭
![]() |
![]() | ||||
Falando cun dos guías da exposición
|
![]() |
| Dous participantes do chat |
![]() |
| Estamos no mapa de Domingo Fontán! |
![]() |
| Formaliños(!) |
![]() |
| Xa falamos da revista Nós na clase |
domingo, 17 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
Este ano preséntanos temos que facer festexos alternativos e diferentes no Día das Letras Galegas pero iso non mingua a capacidade dos nosos alumnos e alumnas de facer traballos estupendos para lembrar a figura de Ricardo Carballo Calero. Hoxe presentámosvos dous videopoemas máis, a letra é do autor e a montaxe de imaxes e o recitado, obra de Area e de María, de 1º de BAC. Bravo polas dúas!
venres, 15 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo COMEZAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
![]() | |
E nada menos que coa participación do alumnado de 1ºde Bacharelato que preparou estes fermosos vídeos con poemas de Ricardo Carballo Calero, todo un autor polifacético que como ben vistes cultivou diferentes xéneros: teatro, literatura infantil, ensaio....
Alicia, Adrián e Laura fan un estupendo traballo de recitado con poemas como "Silencio" e "Madrigal a Rosalía". O autor estaría encantado de escoitalos. Comprobádelo vós:
martes, 12 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo ESCAPE ROOM NA CASA DE CARBALLO CALERO
Gústanvos as salas de fuga ou escape rooms? Nós propoñévosvos este de Anuska , dedicado ao autor que homenaxeamos este ano nas Letras Galegas 2020. Xa que tivemos que pasar tanto tempo na casa seguro que esta se converteu para vós nun lugar no que pasastes horas cultivando os vosos pasatempos de sempre e descubrindo outros novos 🎯🎻🎹🏀🎭🎳🎨📕🍜🍰.
Desta volta tedes que descubrir un misterio❓❔ na casa de Ricardo Carballo Calero, non podemos revelar máis😜... Crebade ben a cabeza e divertídevos moito!
mércores, 28 de febreiro de 2018
luns, 23 de xaneiro de 2017
Rosalía de Castro
Alumnado de 1º de BAC interpreta poemas de Follas Novas. Coa voz, música e imaxes vivencian a Rosalía.
Negra sombra (Rosalía de Castro). Esther Pena Varela. Brais Vázquez Vázquez. Curso 2015-2016 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Silencio (Rosalía de Castro). Esther Pena Varela. Brais Vázquez Vázquez. Curso 2015-2016 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Pablo Villar da Silva from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Rubén Lorenzo Parga. Raúl Rodríguez Pérez from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Xan. Rosalía de Castro. Lucía Pasarín. Jennifer Núñez Rodríguez. Curso 2015-16 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Agora cabelos negros. Rosalía de Castro. Celia Somoza Castro. Curso 2014-15 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Silencio. Rosalía de Castro. Alejandro Sánchez Cela. Curso 2014-15 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Adriana Ares Vila e Cristina Salvador Vázquez. Rosiña cal sol dourado de Rosalía de Castro from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

xoves, 25 de febreiro de 2016
Día de Rosalía
No IES LEIRAS PULPEIRO Rosalía está sempre viva.
Secundando a campaña da AELG, Mobiliza Rosalía, alumnado e profesorado subimos á rede os versos Trocando en sonrisas/ queixiñas e choros con imaxes alusivas á autora.
Situose no corredor do centro un panel, realizado pola profesora Ana Belén Somoza, no que se representaban Leiras Pulpeiro, Manuel María e Rosalía de Castro. O alumnado fotografouse dando vida a estas figuras.
O alumnado de 1º de ESO do Equipo de Normalización Lingüística recitou Campanas de Bastabales con acompañemento musical.
Entre nós, Rosalía sempre viva.
Podedes ver a reportaxe gráfica dos actos no seguinte vídeo.

venres, 6 de xuño de 2014
O EDL por terras de Díaz Castro
Alumnado e profesoras do EDL do IES Leiras Pulpeiro percorremos Os Vilares, Trabada, Bascuas...no concello Guitiriz, espazos vinculados vitalmente ó poeta Xosé María Díaz Castro. Acompañamos nesta viaxe ó do Club Cultural Valle Inclán de Lugo que organizou esta -ruta homenaxe ao autor das Letras Galegas 2014.
Alfonso Blanco da asociación Xermolos de Guitiriz guiounos nesta xornada festiva e cultural que nos permitiu afondar no coñecemento de Díaz Castro, gozar das paisaxes e do rico patrimonio cultural relacionado co autor chairego.
Puidemos escoitar un pequeno concerto de poemas de Díaz Castro musicados por Mini e Mero.
Por terras de Díaz Castro on PhotoPeach

sábado, 27 de abril de 2013
RecitandoCelsoemiliO. 12-12-12
O día 12 de decembro de 2012 o EDL do IES Leiras Pulpeiro de Lugo sumouse á convotoria da Coordinadora dos ENDL RecitandoCelsoemiliO. Alumnos e alumnas de 1º,2º e 4º de ESO recitaron o poema "Deitado frente ao mar"
Recitado 12-12-12 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Recitado 12-12-12 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
mércores, 27 de febreiro de 2013
Día de Rosalía
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse á celebración do día de Rosalía no 176 aniversario do seu nacemento.
Música: Alborada de Rosalía (Carlos Núñez)
(canta Fernanda Cabral )
mércores, 13 de febreiro de 2013
XI Recital Poético: Leiras Pulpeiro no día da Paz
Poemas do XI Recital Poético sobre Leiras Pulpeiro celebrado o 30 de Xaneiro, día da non violencia e da Paz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)