Amosando publicacións coa etiqueta Creación artística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creación artística. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN DOS #RELATOSDOMEUBARRIO

 

Así de ben quedaron os relatos do barrio do alumnado de 3ºD. Este proxecto formaba parte de #EduExcelencia e cada relato vai acompañado dunha fotografía📷✍ que o inspirou.

Un fantástico traballo coordinado pola compañeira Rosa, que vos convidamos a que leades!👏👏👏

Boas vacacións e bo verán a todas e todos!🌞👋👋


 



sábado, 11 de xuño de 2022

#RELATOSDOMEUBARRIO

Este é o nome do proxecto coordinado por Rosa Varela, no que o alumnado ten que fotografar 📷📸un recuncho do seu barrio🏗🏘🌇🏡🏞 e crear un microrrelato inspirado na imaxe.  Hai moito material inspirador.... Ollade que cousas tan interesantes foron chegando. Xa nos tarda ver a exposición!











martes, 7 de xuño de 2022

xoves, 2 de xuño de 2022

PREMIADOS E PREMIADAS NO CONCURSO DE SELOS EX-LIBRIS LETRAS GALEGAS 2022


A proposta de Roi González Carballo, de 4º de ESO, resultou gañadora🥇 do Concurso de Selos Ex-libris Letras Galegas 2022📚. Co seu deseño faremos uns selos de madeira para marcar os libros en lingua galega do noso centro, e un dos selos será para Roi como agasallo de premio :) Como tamén nos gustaron moito a proposta de ex-libris da Rosalía-manga, ideada por Marta Devesa, e a de Román Pereira Cuba, acordamos outorgarlles uns accésits e encargaremos adhesivos coas súas creacións. Parabéns, artistas!🖋🖊✎🖉


sábado, 14 de maio de 2022

FINAL DOS PREMIOS DE VIDEOPOEMAS NA CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA

 
Este sábado tivo lugar na Casa-Museo Manuel María a final da V Edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro. O vídeo do alumno de 4º de ESO, Román Pereira Cuba, foi un dos 10 finalistas dos 80 vídeos presentados. Non resultou gañador mais coidamos que o seu vídeo, baseado no poema "Terra Chá" de Manuel María, é fantástico. Parabéns, Román!!👏👏👏









luns, 9 de maio de 2022

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2022

 

Como cada ano convocamos o Concurso Literario das Letras Galegas. Hai dúas modalidades: relato curto e poesía e o tema, inspiráronnos estes días, "O meu verán"☀️🏖🍨✈️🏞🏊‍♀️👙. Que vos parece?
Os premios serán outorgados por ciclos educativos:
- 1° ciclo de ESO. 1°🥇 e 2°🥈 premio por cada modalidade.
-2° ciclo de ESO. 1°🥇 e 2° 🥈premio por cada modalidade.
-Bacharelato. 1 premio.🥇
Se os/as integrantes do xurado o consideran, entregaranse tamén accésits: 🎁💝 Sempre acabamos concedendo algúns😄

Tedes que enviar os vosos traballos en arquivo a este enderezo electrónico co voso nome e curso: eunfalar@gmail.com👈. No asunto poñedes "Concurso 2022"

A data límite para enviardes as vosas creacións é o 23 de maio.

Animádevos a nos falar do voso verán!

E para os/as artistas🎨 propoñémosvos deseñar un selo para decorar o libros en lingua galega do noso centro. Soamente ten que aparecer como texto: Letras Galegas IES Leiras Pulpeiro. O motivo tería que estar relacionado coa escritura e a literatura. Seguro que se vos ocorren ideas xeniais! 

Haberá un único premio para o autor o autora do selo elixido e tamé accésits se o xurado considera que hai máis traballos de calidade (non o dubidamos⌣..)
Encargaremos selos do deseño gañador e un deles irá para o seu autor ou autora. 
Xa estades tardando!☝

mércores, 16 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN DE POESÍA VISUAL

Queredes ver unha exposición de poesía ilustrada e de vídeo poemas?🎨📹 Tédela de camiño á Biblioleiras!→📚 Parte do alumnado de 4ºA e C realizou estas estupendas creacións artísticas con diferentes técnicas (colaxe, acuarela, témpera...) inspiradas en poemas de coñecidos poetas galegos e galegas de todo os tempos: Rosalía de Castro, Pondal, Luz Pozo, Colectivo Ronseltz, Eva Veiga, Lupe Gómez, Manuel María, entre outros...

Para ver os vídeo-poemas tedes á vosa disposición o código QR para visionalos. Tamén están colgados neste blog e na conta @leirantes

Esta actividade forma parte do Proxecto EDUexcelencia do que formamos parte. 

Bo traballo!!👏👏
 











sábado, 19 de febreiro de 2022

CINCO ANOS DESPOIS... BANDA DESEÑADA

 


Que foi dun grupo de amigas e amigos cinco anos despois da súa última xuntanza nunha pizzaría🍕? Os alumnos e alumnas de 4ºA e C fixeron estas xeniais bandas deseñadas a partir da proposta inicial. Con cal dos/das protagonistas vos sentides máis identificados/as?😌😛😶😏😉😁🤔

mércores, 9 de febreiro de 2022

AMA EN GALEGO! SAN VALENTÍN 2022

Agora que temos pertiño o San Valentín animádevos a mercar postais💌 para dicirlle -en galego- o moito que queredes a esas persoas tan especiais para vós!💕💖💗💝  O EDNL do centro participou na elaboración das postais 🎨Hai catro modelos a 1,50€ cada unidade. Se amades moita xente e gustades das catro, sáevos o sobre a 5€. Collendo estas postaliñas axudaredes a financiar a viaxe de fin de curso dos rapaces e rapazas de 1ºde BAC. Despois inspirádevos e escribide fermosas frases, versos, debuxos ou que vos preste!💛💙💚💜💟

A ver se vos gusta o vídeo que montamos 😍




domingo, 30 de xaneiro de 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022


Cada 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración🎨🖌🖉✎✐. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985), pintor, ilustrador e primeiro coautor da banda deseñada galega. Formou parte en Madrid do grupo Brais Pinto xunto con Méndez Ferrín, Bernardino Graña, e outras figuras clave da nosa literatura. No ano 1983 veu a Lugo expoñer a súa obra no Círculo das Artes. Temos a sorte e a honra de podervos amosar traballos orixinais seus nesta presentación. Coñeceredes mellor o seu orixinalísimo estilo e a súa categoría coma debuxante.





mércores, 22 de decembro de 2021

EXITAZO DO OBRADOIRO DE PAPIROCONTOS NA FEIRA DE NADAL DO LEIRAS


Quedamos sen leiros e todo!💸💸 Mais estamos moi felices de que os alumnos e alumnas o pasasen tan ben creando microrrelatos con dúas palabras, unha delas coroa (de Nadal)🎄 e a outra, escollida ao chou. Despois, preciosas coroas de origami!👌 Grazas ás compas do Departamento de Matemáticas, coas que compartimos actividade, unhas artistas da papiroflexia!😍 Bo Nadal a todos e todas!!⭐



mércores, 3 de novembro de 2021

COMEZAMOS CO CALENDARIO ESTIÑO 2022!


Seguimos coa tradición de participarmos na elaboración dos calendarios do colectivo Estiño. Sempre nos animamos porque quedan preciosos!😄 Desta volta o tema é o tempo, algo do que nos presta falar en Galicia ☔☀☉☁⛅🌁🌈. Ao alummnado do Leiras tocoulle debuxar algo que nos preocupa fondamente: o cambio climático 😢🔥🌍🔥. E así, parte da rapazada de 1º e 2º de ESO estivo traballando arreo estes días e os resultados foron👌 Non van ter doada a escolla da peza.
Lembrade que cos cartos recadados coa compra destes calendarios, Estiño paga o prelo, a revista e tamén financian con eles proxectos educativos que coordina Ana Vila en Nicaragua 👏👏👏 O/a autor/a da peza seleccionada será agasallado/a cun calendario. Impacientes estamos!☺


Mentres, ollade que traballos tan bos fixeron ❣ Tamén creamos unha historia en @leirantes coas imaxes.



















sábado, 12 de xuño de 2021

DE FESTA #ENREDANDOCOGALEGO!

O pasado xoves 10 de xuño os 34 alumnos e alumnas participantes no
proxecto #enredandocogalego, organizado pola AELG e a Concellería de Cultura e Turismo de Lugo, asistiron á festa de despedida no Auditorio Gustavo Freire, onde xunto co alumnado do IES Muralla Romana recibiron palabras de agradecemento dos organizadores do proxecto e do tenente de alcalde, Rubén Arroxo. Todas e todos recibiron un estupendo agasallo 🎧 pola súa participación e ademais diso sorteáronse uns lotes de libros📚 e mais unha tablet💻 para cada centro. Tamén foron recoñecidos pola AELG os magníficos exercicios de creación literaria📜💡 que foron enviando algúns alumnos e alumnas que tamén recibiron agasallos especiais. Os premios levados nestes días atrás dan fe da canteira de escritoras e escritores en lingua galega 👅💙💭💙que temos no Leiras Pulpeiro. Así mesmo conmovéronnos especialmente as reivindicativas e sentidas palabras💓 que dedicou o noso alumno de 1º de Bac, Iván Dono Doñé á nosa lingua, que recibiron unha fonda ovación de todos os asistentes.

Como sorpresa especial puidemos gozar da actuación de Verto🔝🔝🔝 e corear o seus famosos rebolando por ti, rebolando por ti🎶🎸 e "Oye gayego"🙌

Pola nosa parte, querémosvos dar as máis sinceras grazas por participardes neste proxecto ao longo de 21 días nos que narrastes a través das redes sociais as vosas experiencias de falar o galego durante tres semanas en ámbitos nos que non adoitabades facelo. Este tipo de traballos teñen un valor sociolingüístico moi importante. Contamos convosco para vindeiras edicións!!😃😃