Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de abril de 2017

Alonso Montero fala de Rosalía de Castro

Para celebrar o día de Rosalía acompañounos este curso o profesor Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.
Asistiron á conferencia alumnado de 1º e 2º de BAC que seguiu con gran interese os datos biográficos e literarios da nosa autora máis universal.
O noso compañeiro Brais interpretou co acordeón Negra sombra para darlle a benvida ó profesor.
Na seguinte presentación podedes ver a reportaxe gráfica do acto:

Alonso Montero visita o Leiras para falar de Rosalía de Castro on PhotoPeach

martes, 14 de marzo de 2017

Núñez Singala no Leiras Pulpeiro

Manuel Núñez Singala visitou o IES Leiras Pulpeiro para conversar co alumnado de 3º de ESO e 1º de BAC que leron os libros da súa autoría "Camiños da auga" e "Instrucións para tomar café" respectivamente.
Ó remate da mañá o alumnado do club de "Lecturas Leirantes" puido saudar ó autor d' O achado do castro"
Podedes ver a reportaxe gráfica dos actos.

Núñez Singala no Leiras on PhotoPeach