Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel María. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

MANUEL MARÍA E A SÚA CONTORNA

Nunha actividade conxunta co  Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado dos catro grupos de 1º de ESO visitou Outeiro de Rei. O punto de partida foi a igrexa de Santa Isabel e o percorrido transcorreu pola contorna tan querida por Manuel María: a carballeira, as Insuas, o muíño... para chegar finalmente á Casa-Museo do poeta. e continuar coa visita guiada. Natureza e literatura, sempre unidas 🍃💚📗






martes, 7 de xuño de 2016

Letras galegas 2016

O EDL organizou o XIV Recital Poético: Manuel María, Lirismo e compromiso. O alumnado de 3º e 4º de ESO recitou poemas representativos do autor homenaxeado neste 17 de maio, acompañados con música de Mozart e imaxes alusivas ó contido dos mesmos.

Entregáronse os premios de narrativa e poesía do Concurso literario "Letras galegas Leiras Pulpeiro"

O alumnado de 1º de ESO leu a obriña teatral "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"

Letras galegas 2016:XIV Recital poético. Manuel María on PhotoPeach

mércores, 21 de maio de 2014

Poemas de Manuel María nas ondas

O Equipo de Normalización Lingüística sumouse á inicativa da CADENA SER "O Son da Nosa Fala poñendo voz ós poemas de Manuel María.

Recitando a Manuel María na Cadena Ser on PhotoPeach