Amosando publicacións coa etiqueta rutas literarias museo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rutas literarias museo. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de marzo de 2022

REMATAMOS AS RUTAS LITERARIAS DO MUSEO


....  por este curso, para o vindeiro, máis. Os alumnos e alumnas de 2ºD pasárono en grande na procura de pistas para resolver os misterios dos Contos de fantasmas👻👻 Todo un éxito! 

Até a próxima!👋👋

luns, 24 de xaneiro de 2022

NA PROCURA DE FANTASMAS NO MUSEO


Hoxe luns fixemos a nosa segunda saída para participar nas Rutas Literarias do Museo🖼. Os alumnos e alumnas de 2ºC e Agrupamento percorreron o noso Museo de arriba a abaixo🏃 na procura das pistas 🔍❓❔ para resolver as preguntas planteadas nos cuestionarios. Unha maneira divertida e diferente de coñecermos o noso patrimonio lendo os Contos de medo no Museo!👻👻📖




luns, 13 de decembro de 2021

VOLVEMOS COAS RUTAS LITERARIAS DO MUSEO!

 

Despois de pasarmos máis dun ano sen poder facelas, o pasado venres, un dos grupos de 2º de ESO reinaugurou as Rutas do Museo Provincial🖼 As alumnas e alumnos pasárono en grande cos xogos de pistas 🧩🔍 propostos para cada equipo, baseados nos relatos dos Contos de fantasmas do Museo👻👻 que tiveron que ler nas aulas. Xa temos reservadas máis visitas para o 2022, ue os demais grupos de 2º tamén queren!