Con máis de 700 seareiros, o Dicionario de Galego para Boomers, está a acadar un enorme éxito máis aló da nosa comunidade educativa. Algúns medios de comunicación e coñecidos persoeiros da nosa cultura, institucións, profesorado e alumnado doutros centros valoraron o estupendo traballo feito polos alumnos e alumnas dalgúns grupos de 1º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Leiras Pulpeiro.
martes, 2 de febreiro de 2021
E RULA O DICIONARIO PARA BOOMERS!
domingo, 24 de xaneiro de 2021
GALEGO PARA BOOMERS!
Cantas e cantos de nós non tivemos un crush con alguén?💓E ben seguro que o pasabades en grande shippeando amigos vosos💑. Como? Non entendedes nada...?😶 Sodes boomers, seica... Iso non pode ser, tédesvos que preparar 24/7 🙇para vos converter en admin🎓 no tema, e non sexades simp, non vale, eh.👈.
Se queredes saber os segredos da fala da nosa rapazada e non ficar así con esta cara😮 cumpriría que consultásedes o noso Galego para boomers, iniciativa da compañeira Noemí na que moito alumnado de varios niveis vai colaborar encantado.
Trátase dun dicionario virtual de neoloxismos, especialmente os saídos das redes sociais e os vídeo-xogos. O alumno ou alumna ten que dicir a súa categoría gramatical, definir a palabra e por último, pór un exemplo do seu uso. Unha vez feita a tarefa, subirase cunha imaxe á conta de instagram.com/galegoparaboomers
Desta volta deixámosvos unha "chuleta" coas primeiras entradas para que saibades o que significa cada palabra e non cometades fails para a próxima.
Estamos living con este proxecto!🔝🔝🔝
xoves, 28 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo DESCONFINAMENTO DAS PALABRAS CON MEMORIA
martes, 26 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo DESCONFINAMENTO, DESESCALADA, TELETRABALLO, novas palabras para o dicionario
Mal que nos pese, a pandemia aportou novo vocabulario á nosa lingua. As palabras intégranse nun idioma a forza de ser escoitadas e moi utilizadas, e o traballo da RealAcademia Galega é incorporalas ao dicionario. Todo este tempo enchémonos de escoitar as palabras coronavirus, confinamento, covid-19, teletraballo... Dalgunhas non imos gardar grata memoria pero outras coma desconfinamento ou desescalada, alégrannos máis a orella :))
Se queredes máis información sobre as mesmas ter, premede na palabra Real Academia Galega arriba ou ben entrade no dicionario do Portal das Palabras onde atoparedes a súa definición.
martes, 16 de decembro de 2014
Historias Lingüísticas 3
Historia lingüística de Paula Portela, Lucía Pasarín, Raúl Rodríguez, Emilio Vigo from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Historia lingüística de Alba Villamor, Alba Gómez, Brais Pereira, Christian Lens from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Historias lingüísticas de Kimberli Lamela, María Paula Parada, Daniel Coira from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.








