Non perdades os vídeos feitos polo alumnado de Oratoria de 3º de ESO para promocionar as nosas Piluleiras! Grazas, Marta, Luna, Isabela, Amina, Rubén e Nerea💚💛
venres, 30 de setembro de 2022
luns, 4 de abril de 2022
O "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" PREMIO "MIL PRIMAVERAS" AO MELLOR PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO
![]() |
Noemí, na Biblioteca do noso centro o curso pasado |
mércores, 6 de outubro de 2021
PiluLEIRAS DE GALEGO
domingo, 3 de outubro de 2021
CONCURSO DE MicrorrelatAs NO MES DAS ESCRITORAS
A que non sabiades que outubro é o Mes das Escritoras? 👩👵👧📝📚Nós tampouco. Por ese motivo ímosvos dar a lata para que participedes no Certame SNL de Microrrelato en Feminino #MicrorrelatAs. Cada semana lanzarán catro palabras en feminino e vós tedes que enviar os microrrelatos a este correo inscricionlingua@coruna.gal.
Velaquí as bases:👇👇
- Hai dúas categorías: até 18 anos e maiores de 18. Asinarase o relato co nome, apelidos e idade.
- O concurso comezará o 4 de outubro e rematará o 29 de outubro. Faranse catro quendas semanais nas que o luns publicarán as palabras para incorporar. Seleccionarán o microrrelato gañador os venres a partir das 14h.
- Os textos serán en lingua galega.
- Só se poderá participar cun texto cada semana.
- A persoa gañadora unha semana non poderá seguir participando nas seguintes.
- O texto terá un máximo de 10 liñas escrito en letra ARIAL 12. Deberá conter polo menos dúas das catro palabras que se lancen cada semana.
- O xurado terá en conta a orixinalidade, a concisión, a forma do relato, así como a corrección gramatical e ortográfica.
- Os microrrelatos serán publicados nas redes (Facebook e Instagram) de Normalización do Concello de A Coruña, segundo os vaian recibindo.
- O premio consistirá nun lote de libros e produtos culturais.
- Se a situación sanitaria o permite a entrega realizarase de xeito presencial.
- Se o xurado o considera, poderanse conceder un ou varios accésits.
martes, 21 de setembro de 2021
PANDERETEIRAS A EUROVISIÓN!
![]() |
Portada do disco |
53 anos máis tarde, Olaia, Sabela e Aida, tres pandereteiras galegas, integrantes do grupo Tanxugueiras, impuxéronse como favoritas do público para representar España en Eurovisión coa súa canción "Figa". Todo un exemplo para sentir orgullo da diversidade lingüística do Estado español e de que o galego se normalice usándose como lingua nun Festival internacional tan popular entre o público.
Oxalá nos dean unha alegría estas raparigas✌🙌🍀🍀. Mentres, gozade do vídeo e da canción!!👏👏👏
xoves, 16 de setembro de 2021
PILULAS PARA DINAMIZAR ESTE NOVO CURSO!
Foi unha xornada moi especial que se organiza por vez primeira no centro e que nos pareceu ideal para familiarizar ao novo alumnado co noso traballo. Parabéns e grazas á Directiva pola súa iniciativa e bo comezo a todo o mundo! Prometemos seguir argallando unha chea de actividades dinamizadoras, se a pandemia non nos freou o ano pasado, este aínda menos. Sempre con sentidiño! 🙌
![]() |
Dúas madriñas de luxo |

sábado, 12 de xuño de 2021
DE FESTA #ENREDANDOCOGALEGO!
Como sorpresa especial puidemos gozar da actuación de Verto🔝🔝🔝 e corear o seus famosos rebolando por ti, rebolando por ti🎶🎸 e "Oye gayego"🙌
Pola nosa parte, querémosvos dar as máis sinceras grazas por participardes neste proxecto ao longo de 21 días nos que narrastes a través das redes sociais as vosas experiencias de falar o galego durante tres semanas en ámbitos nos que non adoitabades facelo. Este tipo de traballos teñen un valor sociolingüístico moi importante. Contamos convosco para vindeiras edicións!!😃😃
martes, 8 de xuño de 2021
MÁSCARAS #PROBA O GALEGO
martes, 4 de maio de 2021
O NOSO ALUMNADO ENREDA CO GALEGO!
![]() |
Falo en galego co chofer do autobús.🚌 |
![]() |
Interesante comentario de Cris e Suso sobre algúns camareiros.... |
![]() |
Iván fálanos da impresión que lle causou a lectura de Follas novas📗 |
![]() |
A conta de Cristina de 1º de Bac, para o proxecto!😍 |
![]() |
Judit, Nerea e Patricia, na súa conta conxunta👍👍👍 |
![]() |
Eva explícanos como se coce o pan.😋 |
luns, 26 de abril de 2021
XA ESTÁN PUBLICADAS AS RECEITAS GAÑADORAS DO CONCURSO MEDIA LARANXA!
venres, 16 de abril de 2021
COCIÑANDO EN GALEGO. CONCURSO DE RECEITAS.
É ben doado: enviade a vosa receita en galego xunto cunha foto ben bonita da mesma ao enderezo medialaranxareceitas@gmail.com antes do 22 de abril.
A receita gañadora será publicada nas redes sociais.
Se queredes máis información ou ver as deliciosas receitas que nos propón Media laranxa ollade a imaxe da esquerda ou ben entrade no blog https://medialaranxa.fala.gal/ ou a través de Instagram.
Lingua galega e comida, que marabillloso cóctel! 🍹
mércores, 14 de abril de 2021
DÁ COMEZO O PROXECTO #ENREDANDOCOGALEGO!
![]() |
Os organizadores e organizadoras do proxecto xunto coas profesoras do alumnado participante. |
![]() |
Anxo en pleno éxtase |
![]() |
Lois co seu móbil última xeración |
![]() |
O xenial dúo María e Lucía. |
![]() |
Na vida vimos unha presentación así! |
domingo, 11 de abril de 2021
Presentación do "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" na CASA DA XUVENTUDE
Os nosos presentadores fixérono estupendamente e ao rematar a exposición proxectaron o vídeo feito por dous rapaces e unha rapaza de 4º de ESO dun poema de Rosalía de Castro, recreado en versión zoomer polo alumnado de 1ºBAC A, que xa vos presentaramos no Día de Rosalía.
A tormenta tan forte que houbo🌂⛆⛈ non impediu que o pasásemos en grande. Para relaxar os lóxicos nervios antes da presentación, rebolamos nun baile coreografado pola escola de danza Gravity que anda xa rulando por tiktok!💃🙌🙆🙅
Aproveitamos de paso para vos amosar a reportaxe sobre o Dicionario, feito polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Mozos e mozas, parabéns, estivestes sensacionais!👏👏
![]() |
Nun momento do vídeo do poema de Rosalía. |
![]() |
Rebolando |
![]() |
Intercambiando impresións coa Alcaldesa de Lugo |
martes, 16 de marzo de 2021
#EnRedandocogalego, 21 DÍAS CONVIVINDO COA NOSA LINGUA
En que consiste? Contámosvos. Prestade anteción👂👀: o alumno ou alumna en cuestión terá que gravar cada día ou realizar unha publicación nas redes sociais (Instagram, tiktok...) cun mínimo de 130 caracteres, falando da súa experiencia cotiá de usar a lingua galega en ámbitos onde non a adoita usar ou onde si a usa (famila, amizades, instituto, barrio, aldea...). Cada entrada terá que ir acompañada do cancelo #enredandocogalego.
Se sodes creativos/as podedes facer vídeos literarios, musicais, debuxos, monólogos teatrais, performance... o que vos guste, sempre en lingua galega.🎨🎰🎤🎬🎧🎦🎪🎼
Se non vos apetece utilizar redes sociais, podedes enviar creacións literarias🔖 co mesmo cancelo a este enderezo electrónico: escoladeescritoraseescritores@aelg.org. O formato pode ser tamén variado, físico por escrito ou dixital en vídeo. Poden ser poemas, reflexións, microrrelatos, creacións audiovisuais, caligramas, etc. Seguro que vos saen cousas fantásticas!🔆👌
Se hai máis interesadas/os, facédenolo saber no Departamento de Lingua e Literatura Galega. Imos ter unha reunión informativa cos organizadores da actividade o vindeiro 7 de abril no Salón de Actos ás 10.10h👈, na que lles explicarán ao alumnado participante máis polo miúdo en que consiste a mesma. Tamén iremos enviando información por correo electrónico a quen forme parte deste proxecto.
Despois das sorpresas que nos dades con outras cousas que levades feito, xa nos tarda vervos en acción #enredando co galego!!🔝🔝
E lembrade, haberá premios e festa final!🎉
martes, 2 de febreiro de 2021
E RULA O DICIONARIO PARA BOOMERS!
Con máis de 700 seareiros, o Dicionario de Galego para Boomers, está a acadar un enorme éxito máis aló da nosa comunidade educativa. Algúns medios de comunicación e coñecidos persoeiros da nosa cultura, institucións, profesorado e alumnado doutros centros valoraron o estupendo traballo feito polos alumnos e alumnas dalgúns grupos de 1º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato do Leiras Pulpeiro.