martes, 8 de xuño de 2021

MÁSCARAS #PROBA O GALEGO

O curso pasado, parte do alumnado de 3º de ESO participou na actividade dinamizadora  #Probaogalego, que consisitía en elaborar eslogans publicitarios para promover o uso do galego. Despois de facer unha escolla dos mellores, decidimos colgalos no taboeiro do EDL e tiñamos previsto crear material de papelaría coas frases publicitarias. A pandemia e consecuente confinamento impediunos realizar a segunda parte do proxecto😐😔. Como colofón a este curso quixemos rematar a actividade encargando unhas máscaras cos eslogans para agasallar ao profesorado e persoal non docente, así coma aos alumnos e alumnas que participaron no traballo. O resultado foi espectacular👌👌 grazas ao traballo da imprenta gráfica Deseño.
Aínda que estades máis guapas e guapos sen a máscara alegrámonos de vos gustasen tanto coma a nós 😁😷










Ningún comentario:

Publicar un comentario