Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de abril de 2022

O "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" PREMIO "MIL PRIMAVERAS" AO MELLOR PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO

O Dicionario de Galego para Boomers, coordinado pola nosa antiga compañeira, Noemí García Rodríguez, acaba de gañar o Premio Mil Primaveras ao Mellor Proxecto de Fomento do Galego na Infancia e/ou Mocidade 2021. 
Todo un orgullo para o Leiras Pulpeiro e para o ENDL, que o apoiou e participou no proxecto de Noemí dende o primeiro momento. 

Mais temos dobre boa nova! O blog culinario Media laranxa🍊, tamén creación de Noemí e no que tamén participamos alumnado e profesorado creando receitas, gañou o mesmo premio na categoría de Fomento do Galego no Ámbito Sectorial.

En hora boa, Noemí, foi un inmenso pracer terte de compañeira e de que os teus dous traballos formen parte do proxecto do noso ENDL!👏👏👏👏👏👏

Noemí, na Biblioteca do noso centro o curso pasado


domingo, 13 de marzo de 2022

UNHA ALUMNA DO LEIRAS, GAÑADORA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA.

Rosalía Bernárdez Riopedre e unha das flamantes gañadoras da 50 edición dos prestixiosos Premios Literarios Minerva. Polo seu relato "Esvaecen as palabras dos recunchos da memoria", Rosalía recibirá 750€ e mais unha medalla de prata conmemorativa do certame🏅.

Sonados escritores e escritoras galegas como Olga Novo, Xesús Rábade Paredes, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila ou o recentemente desaparecido Darío Xohán Cabana, foron gañadores destes premios e comezaron unha importante carreira literaria. 

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 7 de abril no Colexio Peleteiro, organizador do certame.

Novos parabéns, Rosalía, sigue o camiño das letras, é todo teu! 👏👏👏

xoves, 24 de febreiro de 2022

ROSALÍA NO DÍA DE ROSALÍA

 

Que mellor día para Rosalía ca o Día de Rosalía de Castro para recibir un premio literario?😀 Onte no edificio do Vello Cárcere tivo lugar o acto de entrega dos premios do CERTAME TRAPERO PARDO e a nosa alumna Rosalía Bernárdez Riopedre foi recoller o 1º premio. Estivo acompañada por Rosa, a súa profesora de Lingua Galega, e por Manuel, o Director do IES Leiras Pulpeiro. Novamente parabéns, Rosalía, isto comeza a ser un costume!👏👏👏


sábado, 12 de xuño de 2021

DE FESTA #ENREDANDOCOGALEGO!

O pasado xoves 10 de xuño os 34 alumnos e alumnas participantes no
proxecto #enredandocogalego, organizado pola AELG e a Concellería de Cultura e Turismo de Lugo, asistiron á festa de despedida no Auditorio Gustavo Freire, onde xunto co alumnado do IES Muralla Romana recibiron palabras de agradecemento dos organizadores do proxecto e do tenente de alcalde, Rubén Arroxo. Todas e todos recibiron un estupendo agasallo 🎧 pola súa participación e ademais diso sorteáronse uns lotes de libros📚 e mais unha tablet💻 para cada centro. Tamén foron recoñecidos pola AELG os magníficos exercicios de creación literaria📜💡 que foron enviando algúns alumnos e alumnas que tamén recibiron agasallos especiais. Os premios levados nestes días atrás dan fe da canteira de escritoras e escritores en lingua galega 👅💙💭💙que temos no Leiras Pulpeiro. Así mesmo conmovéronnos especialmente as reivindicativas e sentidas palabras💓 que dedicou o noso alumno de 1º de Bac, Iván Dono Doñé á nosa lingua, que recibiron unha fonda ovación de todos os asistentes.

Como sorpresa especial puidemos gozar da actuación de Verto🔝🔝🔝 e corear o seus famosos rebolando por ti, rebolando por ti🎶🎸 e "Oye gayego"🙌

Pola nosa parte, querémosvos dar as máis sinceras grazas por participardes neste proxecto ao longo de 21 días nos que narrastes a través das redes sociais as vosas experiencias de falar o galego durante tres semanas en ámbitos nos que non adoitabades facelo. Este tipo de traballos teñen un valor sociolingüístico moi importante. Contamos convosco para vindeiras edicións!!😃😃







luns, 26 de abril de 2021

XA ESTÁN PUBLICADAS AS RECEITAS GAÑADORAS DO CONCURSO MEDIA LARANXA!

Non o tiveron doado, abofé mais esta fin de semana Media Laranxa🍊 publicou as receitas premiadas no Concurso que anunciabamos a semana pasada. 
As deliciosas receitas gañadoras son a torta de queixo proposta por Diana Reija Fernández (1º de ESO); os coquiños, de Marta Vázquez Saavedra (1º de ESO), o rosco de laranxa de Eva Díaz García (4º de ESO) e a torta xeada de biscoitos, queixo e carambelo, de Andrés Martín Reija (4º de ESO). Tamén resultaron premiados os rolos de filloas con salmón dunha profesora do centro.
Premede en cada un dos nomes das receitas se queredes saber como se fan ou ben entrade no blog medialaranxa.fala.gal ou en Instagram.
Grazas a todos os/as participantes por compartiren en lingua galega as súas creacións culinarias!
E agora a facelas🍴 e a gañar quilos... de felicidade😋😋😋😋

mércores, 28 de febreiro de 2018

Premio "Entre iguais"

A alumna de 4º ESO, Noa Lorenzo Otero, acadou o 2º premio no concurso literario “ENTRE IGUAIS” convocado polo Concello de Lugo.

Parabéns, Noa!

 

Podedes ler o relato premiado a continuación:

venres, 14 de xuño de 2013

Día das Letras Galegas 2013

O Día das Letras Galegas foi unha festa no instituto.

Entregamos os diferentes premios literarios mentres dúas compañeiras nos deleitaban cos sons da súas gaitas. Logo, sentámonos no chan e recitamos entre todos os marabillosos versos de Rosalía. Que ben o pasamos!