Cada 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración🎨🖌🖉✎✐. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño (A Coruña 1936-1985), pintor, ilustrador e primeiro coautor da banda deseñada galega. Formou parte en Madrid do grupo Brais Pinto xunto con Méndez Ferrín, Bernardino Graña, e outras figuras clave da nosa literatura. No ano 1983 veu a Lugo expoñer a súa obra no Círculo das Artes. Temos a sorte e a honra de podervos amosar traballos orixinais seus nesta presentación. Coñeceredes mellor o seu orixinalísimo estilo e a súa categoría coma debuxante.