Amosando publicacións coa etiqueta Xeración Nós. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xeración Nós. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de decembro de 2021

VISITADE A LIBRARÍA NÓS

 

Ide dar unha volta polo stand da Libraría Nós, alí aconsellaravos amábelmente Vicente Risco sobre calquera tema🎓 E non perdades a oportunidade de levar de agasallo🧧 un cartaz da Xeración Nós se mercades algún exemplar das obras de Castelao, que vos asinará encantado📖✍, como está a facer con Ramón Carballo, protagonista dunha das súas Cousas. Tamén saíron das Cousas para botar un ollo pola feira, a Marquesiña e Migueliño con seu pai.📚

Vai ser doado que vos topedes con don Ramón Otero Pedrayo de palique con algún fidalgo e a Ramón Cabanillas curioseando. Mesmo o Porco de Pé🎩🐷 comprou un libro!! Quen o pode crer!!

Este é o traballazo do alumnado de 4ºC🔝, que quixo mostrar a importancia do Grupo Nós e das Irmandades da Fala na nosa cultura. Parabéns a Noa, Roi, Román, Nerea e Mara polos debuxos🎨✎📔 e aos demais compañeiros e compañeiras polo traballo de documentación e de montaxe🔖📑📕📗📘📙✄!

Esta actividade está incluída no Proxecto EDUexcelencia no que participa o noso EDLG.

Visitade @leirantes, @irmandinhasdafala, @ramon_cabanillas_76 @seareiros.de.cabanillas.

domingo, 7 de febreiro de 2021

MÁIS SOBRE A XERACIÓN NÓS

Co gallo do 100 aniversario da creación da revista Nós, son varias as actividades organizadas arredor desta xeración de intelectuais e galeguistas cuxo labor segue a ser a día de hoxe unha referencia na dinamización e normalización do noso idioma. 

Nesta nova actividade, que tivo lugar o pasado xoves 4 de febreiro no Salón de Actos, a profesora, sociolingüista e escritora Pilar García Negro, impartiu para o alumnado de 4º de ESO A e B  unha conferencia virtual na que falou sobre o papel tan importante que desempeñaron os persoeiros integrantes de Nós para a lingua e a cultura galegas.