A educación xera confianza, A confianza xera esperanza. A esperanza xera paz. (Confucio).
Máis poesía e menos guerra! ☮🕊💙💛
A educación xera confianza, A confianza xera esperanza. A esperanza xera paz. (Confucio).
Máis poesía e menos guerra! ☮🕊💙💛
Que mellor día para Rosalía ca o Día de Rosalía de Castro para recibir un premio literario?😀 Onte no edificio do Vello Cárcere tivo lugar o acto de entrega dos premios do CERTAME TRAPERO PARDO e a nosa alumna Rosalía Bernárdez Riopedre foi recoller o 1º premio. Estivo acompañada por Rosa, a súa profesora de Lingua Galega, e por Manuel, o Director do IES Leiras Pulpeiro. Novamente parabéns, Rosalía, isto comeza a ser un costume!👏👏👏
O alumnado de 3ºde ESO tamén se ocupou de crear un pensamento con pétalos cheos de poesía que lucimos no corrredor do noso centro.
Parabéns e grazas polos vosos traballos! Son xeniais🙏
Feliz Día de Rosalía!🌸🌸🌸
E ben, ¿para que escribo?
O fondo sin fondo d’o meu pensamento
¿Que pasa ó redor de min?
Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos
1- D’aqueles que cantan as pombas y as frores
Todos din que teñen alma de muller
2- E ben, ¿para que escribo?
3- O fondo sin fondo d’o meu pensamento
4- ¿Que pasa ó redor de min?
5- Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos
Hoxe mostrámosvos nestes vídeos os primeiros haikus creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO. Gozade dos seus traballos! Tamén os podedes ver en @leirantes.
Cantando e bailando ao ritmo de Rosalía de Castro!!🙌🎉🎇 🎆Como se tería divertido véndoos! Velaquí tedes unhas cantas mostras do moito que dá de si a nosa poeta. É o que teñen as grandes, adáptanse a todo!👌
Grazas, Rosalía (moi acaído o teu nome😄), Laura, Hugo, Charles, Estela, Ainoa, Adrián, Cristian, Xabier, Antón, Sergio, Alejandro, Marta, Alexia e Gabriel! Todas e todos alumnos de 3º de ESO. Vese que o pasastes en grande! Ímolo pasar agora nós.
GRAZAS aos alumnos e alumnas de 1º de ESO C por axudar na montaxe no panel de Rosalía, aos de 1º de BAC A pola súa versión poética, aos de 4ºC e ás rapazas 3º D polos seus vídeos.
Na Casa-Museo de Manuel María, o 27 de febreiro de 2016, levouse a cabo o concurso de recitado "Rosalía sempre viva". Recitaron @s nos@s alumn@s Laura Argüello e Andrea Vázquez de 4º ESO e Camila Beltrán e Manuel Rodríguez de 1º BAC.
Concedéronlle o 1º premio a Camila polo recitado do poema de Manuel María Verbas a miña nai.
Estamos moi orgullos@s do compromiso, seriedade e emoción que o noso alumnado mostrou neste acto. Vaia o noso agradecemento e os nosos parabéns para tod@s eles.