Que sorte poder contar cun xardín cuxas árbores, arbustos e flores van acompañadas de versos dos nosos poetas galegos máis importantes! Fantástica iniciativa do IES Leiras Pulpeiro enmarcada no Programa Así Fai o Leiras, coordinado por María Cabo, coa que colaborou o noso ENDL na procura dos poemas en galego dedicados ou que fan mención a árbores coma o carballo, a cerdeira, a nogueira, castiñeiro, etc🌾🌿🍀🍁🍂🍃🌺🌻🌼🌹🌸🌷🌱. Así mesmo para lle realizar unha nova homenaxe a Darío Xohán Cabana dedicándolle un carballo co seu nome. Varios compañeiros e compañeiras e antigos profesores do centro, leron poemas do autor durante o emotivo acto. Ademais de inaugurar as placas cos versos en diferentes linguas dedicadas a cada especie, tamén gozamos das explicacións do antigo profesor de Bioloxía do noso centro, Xosé Folgar, sobre cada especie plantada. Unha clase de luxo!👌👌
xoves, 28 de abril de 2022
luns, 21 de marzo de 2022
luns, 19 de abril de 2021
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021
- Poderase participar nos tres concursos á vez
- O tema proposto para o relato curto e o poema é "Viaxo ao futuro"
- A extensión máxima do relato serán 2 folios por unha soa cara.
- A extensión máxima do poema será até 24 versos.
- O vídeo terá que ser unha versión dun poema de Xela Arias
- Os traballos enviaranse ao correo eunfalar@gmail.com antes do 7 de maio.
- No asunto do correo terase que precisar a modalidade pola que se concursa.
- No corpo do correo o/a participante deberá indicar nome, apelidos, curso e grupo.
- O relato ou poema enviarase en arquivo.
- O vídeo enviarase nun formato que non pese demasiado. Animádevos! Moita sorte e longa vida ás Letras Galegas!💙📘
xoves, 25 de febreiro de 2021
E SEGUIMOS DE FESTA CON ROSALÍA!
Cantando e bailando ao ritmo de Rosalía de Castro!!🙌🎉🎇 🎆Como se tería divertido véndoos! Velaquí tedes unhas cantas mostras do moito que dá de si a nosa poeta. É o que teñen as grandes, adáptanse a todo!👌
Grazas, Rosalía (moi acaído o teu nome😄), Laura, Hugo, Charles, Estela, Ainoa, Adrián, Cristian, Xabier, Antón, Sergio, Alejandro, Marta, Alexia e Gabriel! Todas e todos alumnos de 3º de ESO. Vese que o pasastes en grande! Ímolo pasar agora nós.
xoves, 21 de xaneiro de 2021
ENTREGA DE PREMIOS DE POESÍA DE NADAL NA BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO
![]() |
| Recitando o poema no Salón de Actos da Biblioteca |
mércores, 28 de xuño de 2017
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: creadores de historias
Entregáronse os premios do XV Concurso Literario "Letras galegas Leiras Pulpeiro"
Podedes ver a reportaxe gráfica;
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: Creadores de historias on PhotoPeach
xoves, 16 de marzo de 2017
luns, 23 de xaneiro de 2017
Rosalía de Castro
Negra sombra (Rosalía de Castro). Esther Pena Varela. Brais Vázquez Vázquez. Curso 2015-2016 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Silencio (Rosalía de Castro). Esther Pena Varela. Brais Vázquez Vázquez. Curso 2015-2016 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Pablo Villar da Silva from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Rubén Lorenzo Parga. Raúl Rodríguez Pérez from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Xan. Rosalía de Castro. Lucía Pasarín. Jennifer Núñez Rodríguez. Curso 2015-16 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Agora cabelos negros. Rosalía de Castro. Celia Somoza Castro. Curso 2014-15 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Silencio. Rosalía de Castro. Alejandro Sánchez Cela. Curso 2014-15 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
Adriana Ares Vila e Cristina Salvador Vázquez. Rosiña cal sol dourado de Rosalía de Castro from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
venres, 14 de xuño de 2013
Día das Letras Galegas 2013
Entregamos os diferentes premios literarios mentres dúas compañeiras nos deleitaban cos sons da súas gaitas. Logo, sentámonos no chan e recitamos entre todos os marabillosos versos de Rosalía. Que ben o pasamos!
sábado, 27 de abril de 2013
RecitandoCelsoemiliO. 12-12-12
Recitado 12-12-12 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.
mércores, 27 de febreiro de 2013
Día de Rosalía
Música: Alborada de Rosalía (Carlos Núñez)
(canta Fernanda Cabral )
mércores, 6 de febreiro de 2013
Fotos do Recital no Día da Paz e da non Violencia
martes, 29 de xaneiro de 2013
XI Recital Poético: Leiras Pulpeiro
martes, 10 de xullo de 2012
Mil voces para Celso Emilio Ferreiro
A Radio Cadena Ser de Lugo quixo render homenaxe ó escritor Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. A homenaxe pretendía que a cidadanía puxese voz ós textos do poeta e difundir estas gravacións a través das ondas durante o ano 2012.
O noso cento sumouse a esta ilusionante iniciativa cun grupo de alumnado, membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Galegas, Simón Cuba, Nerea Santos, José López, José Ángel Núñez, Lucía Cabado, Laura García, Sabela Brand, Joel Cobas e as profesoras Juncal Martínez, Mª Xosefa Senín, Cristina Soto e Dolores Varela que leron poemas de Celso Emilio seleccionados e traballados previamente.
Alegrámonos de que xurdan este tipo de iniciativas fóra do ámbito académico e procuaremos sumarmos e contribuír a todo o que supoña a difusión das nosa letras e cultura.








