Amosando publicacións coa etiqueta musicaengalego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta musicaengalego. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xuño de 2022

FESTA FINAL DE #ENREDANDOCOGALEGO

Rematamos unha nova edición da actividade #enredandocogalego por todo o alto no Auditorio Gustavo Freire, onde os nosos alumnos e as nosas alumnas foron agasallados🎁🎁 polo seu labor nesas 3 semanas, ademais de participaren nun sorteo de libros 📚e dunha i-pad (parabéns aos afortunados/as😀).

 Ademais destes agasallos parte do alumnado que participou con creacións literarias foi recoñecido e agasallado pola AELG. E como concerto-sorpresa tivemos a SES🔥🔥🔥, toda unha sorte!!

Grazas polo voso traballo en #enredando!🤍💙 Vémonos na vindeira edición!👋👋








venres, 13 de maio de 2022

OS MAIOS NA RADIO LEIRAS


Así de ben o pasaron as locutoras e locutores de 2º de ESO B presentando un Venres Musical dedicado ao mes de maio🌷🌸🌹🌺🌻. Andrea, Rubén, Virxinia, Amina, Nour, Iria e Amina agasallaron os nosos oídos con fermosas cancións galegas sobre o maio como "Avelaneiras", "Maio Maduro Maio", "O maio", "Ben vennas" e "Maio longo". Unha proposta xenial para comezar con bo pé a ponte das Letras Galegas!🤍💙🤍

martes, 26 de abril de 2022

ROCK, POP, RAP E TRAP DA NOSA TERRA NA RADIO LEIRAS


Cinco alumnas e alumnos de 2º de BAC amenizaron o recreo deste martes con música rock, pop, rap e trap da nosa terra. Puidemos gozar de temas de Verto, Zënzar-rock, Boyanka Kostova, Dios k te krew e Familia Caamagno. 🎸

Parabéns ás locutoras e locutores!

Se queredes escoitar o podcast premede en Rock, pop, rap e trap do país.

sábado, 12 de marzo de 2022

MATRIARCAS, podcast musical 8M


Co gallo dos Venres Musicais organizados polo proxecto EDUexcelencia, no que participa o noso ENDL, Alejandro, Adriana, Rosalía e Sergio, de 4º de ESO, exerceron de locutores na Radio Leiras☢📻🎙presentando música de cantantes galegas que reivindican o poder da muller e a súa loita pola igualdade💜♀

Puidemos gozar da música de Guadi Galego, Sés, Flow do Toxo e de "8 voces, 8 de marzo"🔥🔥🔥, toda seleccionada pola compañeira Rosa.

Xunto con Xabi, autor do podcast, colaboraron como técnicos de son🎧🎧, Diego e Andrea, alumnos de 2º de Bac. Grazas polo voso traballo, quedou xenial!! 👌👏👏

Premede en podcast 👈para escoitalo!


luns, 8 de novembro de 2021

ROUCO SON, A PRIMEIRA REVISTA DE ROCK EN GALEGO


Rouco Son é unha revista musical feita en Galiza dedicada a espallar o rock que se fai en lingua galega. Está dispoñible en liña (premede no título da revista) e tamén hai a opción de lela en papel, ademais de balde. ❌💸😏 

Parabéns pola iniciativa! Unha excelente nova para a nosa lingua e a nosa música! ♡💙♡🎸♯

Por certo, hai aberta unha tertulia en @leirantes sobre os gustos musicais en lingua galega!  Animádevos a participar!🗣