Amosando publicacións coa etiqueta blog. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta blog. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de abril de 2021

XA ESTÁN PUBLICADAS AS RECEITAS GAÑADORAS DO CONCURSO MEDIA LARANXA!

Non o tiveron doado, abofé mais esta fin de semana Media Laranxa🍊 publicou as receitas premiadas no Concurso que anunciabamos a semana pasada. 
As deliciosas receitas gañadoras son a torta de queixo proposta por Diana Reija Fernández (1º de ESO); os coquiños, de Marta Vázquez Saavedra (1º de ESO), o rosco de laranxa de Eva Díaz García (4º de ESO) e a torta xeada de biscoitos, queixo e carambelo, de Andrés Martín Reija (4º de ESO). Tamén resultaron premiados os rolos de filloas con salmón dunha profesora do centro.
Premede en cada un dos nomes das receitas se queredes saber como se fan ou ben entrade no blog medialaranxa.fala.gal ou en Instagram.
Grazas a todos os/as participantes por compartiren en lingua galega as súas creacións culinarias!
E agora a facelas🍴 e a gañar quilos... de felicidade😋😋😋😋

venres, 16 de abril de 2021

COCIÑANDO EN GALEGO. CONCURSO DE RECEITAS.

Por se non tedes plan esta fin de semana, temos unha proposta para vós do máis apetitosa😋😋: participardes nun concurso de receitas organizado polo Media Laranxa🍊, o blog culinario que leva a nosa compañeira Noemí García e que ten unha chea de seareiros e seareiras por toda Galiza e fóra dela. 

É ben doado: enviade a vosa receita en galego xunto cunha foto ben bonita da mesma ao enderezo medialaranxareceitas@gmail.com antes do 22 de abril.

A receita gañadora será publicada nas redes sociais. 

Se queredes máis información ou ver as deliciosas receitas que nos propón Media laranxa ollade a imaxe da esquerda ou ben entrade no blog https://medialaranxa.fala.gal/  ou a través de Instagram

Lingua galega e comida, que marabillloso cóctel! 🍹


mércores, 13 de xaneiro de 2021

BLOG DE COCIÑA "MEDIA LARANXA". PARA COMERMOS A LINGUA!

Dende o EDL querémoslle dar a máis entusiasta benvida ao fantástico blog de cociña Media laranxa🍊, creada pola nosa compañeira e integrante do Equipo, Noemí García. Non soamente nos amosa como preparar deliciosas e variadas receitas (tradicionais, importadas, doces, salgadas veganas, festivas...)🍖🍛🍜🍚🍰🍳🍲🍵 senón tamén que fai un gran traballo de normalización e dinamización lingüística.

Para as/os que amamos a cociña, comer e mais a nosa lingua! Pasade e vede! 😋😋😋

https://medialaranxa.fala.gal/

Tamén podedes seguila en Instagram (@media_laranxa).