Amosando publicacións coa etiqueta Creación literaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Creación literaria. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN DOS #RELATOSDOMEUBARRIO

 

Así de ben quedaron os relatos do barrio do alumnado de 3ºD. Este proxecto formaba parte de #EduExcelencia e cada relato vai acompañado dunha fotografía📷✍ que o inspirou.

Un fantástico traballo coordinado pola compañeira Rosa, que vos convidamos a que leades!👏👏👏

Boas vacacións e bo verán a todas e todos!🌞👋👋


 



xoves, 16 de xuño de 2022

FESTA FINAL DE #ENREDANDOCOGALEGO

Rematamos unha nova edición da actividade #enredandocogalego por todo o alto no Auditorio Gustavo Freire, onde os nosos alumnos e as nosas alumnas foron agasallados🎁🎁 polo seu labor nesas 3 semanas, ademais de participaren nun sorteo de libros 📚e dunha i-pad (parabéns aos afortunados/as😀).

 Ademais destes agasallos parte do alumnado que participou con creacións literarias foi recoñecido e agasallado pola AELG. E como concerto-sorpresa tivemos a SES🔥🔥🔥, toda unha sorte!!

Grazas polo voso traballo en #enredando!🤍💙 Vémonos na vindeira edición!👋👋








martes, 14 de xuño de 2022

ENCONTRO DE NOVAS VOCES

Un grupiño de alumnas e alumnos do noso IES, con moito amor á literatura e á escritura, tiveron a sorte de ser convidados ao Encontro de Novas Voces, organizado pola AELG, que tivo lugar no Vello Cárcere. Na sesión da mañá aprenderon de Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa. Pola tarde, man a a man coa poeta Yolanda Castaño. Todo un luxo contar con mestres desa categoría! Quen sabe? Talvez nuns anos son elas/eles quen impartan esas charlas...





sábado, 11 de xuño de 2022

#RELATOSDOMEUBARRIO

Este é o nome do proxecto coordinado por Rosa Varela, no que o alumnado ten que fotografar 📷📸un recuncho do seu barrio🏗🏘🌇🏡🏞 e crear un microrrelato inspirado na imaxe.  Hai moito material inspirador.... Ollade que cousas tan interesantes foron chegando. Xa nos tarda ver a exposición!











luns, 6 de xuño de 2022

PREMIADAS E PREMIADOS NO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2022



Coma sempre é para nós un pracer comunicarvos as gañadoras e gañadores do Concurso Literario Letras Galegas 2022! 🏅🥉🥈🥇

NARRATIVA 1º CICLO ESO

1º Premio. Aitana Sofía Sastre Pineda

2º Premio: Darío Icardo Carballo.

POESÍA 1º CICLO ESO

1º Premio. Sophia Duarte Rodríguez

2º Premio. Hiba Rochdi

Accésit. Ashley Polanco Canario.

NARRATIVA 2º CICLO ESO

1º Premio. Rosalía Bernárdez Riopedre.

2º Premio. Martín Penas Rodríguez

Accésit. Noa Rodríguez Carballeira.

A entrega dos premios do Concurso Literario e do Concurso de Deseño de Selos ex-libris terá lugar o venres 17 de xuño á hora do recreo na Biblioteca.

Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas a todos/as os/as participantes!!!💙

luns, 9 de maio de 2022

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2022

 

Como cada ano convocamos o Concurso Literario das Letras Galegas. Hai dúas modalidades: relato curto e poesía e o tema, inspiráronnos estes días, "O meu verán"☀️🏖🍨✈️🏞🏊‍♀️👙. Que vos parece?
Os premios serán outorgados por ciclos educativos:
- 1° ciclo de ESO. 1°🥇 e 2°🥈 premio por cada modalidade.
-2° ciclo de ESO. 1°🥇 e 2° 🥈premio por cada modalidade.
-Bacharelato. 1 premio.🥇
Se os/as integrantes do xurado o consideran, entregaranse tamén accésits: 🎁💝 Sempre acabamos concedendo algúns😄

Tedes que enviar os vosos traballos en arquivo a este enderezo electrónico co voso nome e curso: eunfalar@gmail.com👈. No asunto poñedes "Concurso 2022"

A data límite para enviardes as vosas creacións é o 23 de maio.

Animádevos a nos falar do voso verán!

E para os/as artistas🎨 propoñémosvos deseñar un selo para decorar o libros en lingua galega do noso centro. Soamente ten que aparecer como texto: Letras Galegas IES Leiras Pulpeiro. O motivo tería que estar relacionado coa escritura e a literatura. Seguro que se vos ocorren ideas xeniais! 

Haberá un único premio para o autor o autora do selo elixido e tamé accésits se o xurado considera que hai máis traballos de calidade (non o dubidamos⌣..)
Encargaremos selos do deseño gañador e un deles irá para o seu autor ou autora. 
Xa estades tardando!☝

domingo, 3 de abril de 2022

UN ALUMNO E UNHA ALUMNA DO NOSO CENTRO, FINALISTAS DE #LinguaDeNamorar!

Unha alumna e un alumno de 4º de ESO do noso centro son dous dos seis finalistas do Concurso de mensaxes de amor #LinguaDeNamorar, que organiza cada ano Xuventude e a SXPL. Este ano tivemos unha nova modalidade de concurso envíando as mensaxes vía Instagram. Esta fin de semana levamos a sorpresa ao saber que as mensaxes de Noa e Román forman parte das finalistas!👏👏👏👏. Como coas Tanxugueiras, agora tócalle ao público votar pola mensaxe vencedora. Nós xa o fixemos! Se queredes que gañe algún dos dous alumnos nosos, entrade en Instagram en @xuventudegalicia, dádelle un 💓ás fermosas mensaxes  de @fillogas_ ou a @nooarc_ Tedes até o 8 de abril inclusive! 



 

domingo, 27 de marzo de 2022

DÍA MUNDIAL DO TEATRO


Onte foi o Día Mundial do Teatro🎭 mais nós seguimos festexándoo todo o ano. Temos unha nova proposta para vós💡💡. Co decorado que vedes aí arriba creade unha micro-peza! A ver que sae!😃

De paro aproveitamos para vos convidar á Biblioleiras a que visitedes a exposición sobre o Mes do Teatro. Quedou 👌👌


domingo, 13 de marzo de 2022

UNHA ALUMNA DO LEIRAS, GAÑADORA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA.

Rosalía Bernárdez Riopedre e unha das flamantes gañadoras da 50 edición dos prestixiosos Premios Literarios Minerva. Polo seu relato "Esvaecen as palabras dos recunchos da memoria", Rosalía recibirá 750€ e mais unha medalla de prata conmemorativa do certame🏅.

Sonados escritores e escritoras galegas como Olga Novo, Xesús Rábade Paredes, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila ou o recentemente desaparecido Darío Xohán Cabana, foron gañadores destes premios e comezaron unha importante carreira literaria. 

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 7 de abril no Colexio Peleteiro, organizador do certame.

Novos parabéns, Rosalía, sigue o camiño das letras, é todo teu! 👏👏👏

xoves, 10 de marzo de 2022

CONCURSO COCA COLA 2022

Hoxe, 10 de marzo, tivo lugar de xeito simultáneo en toda Galicia, o Concurso de Relatos Novos Talentos Coca Cola, destinado ao alumnado de 2º de ESO. No noso centro participaron 11 alumnos e alumnas. Partindo dun estímulo creativo💡🤔🖋, neste caso unha fermosa ilustración, inspirada nun dos relatos colectivos que participaron no concurso previo (enviamos tamén dous relatos dende o noso IES), as nosas literatas e literatos tiveron dúas horas para crear unha historia fantástica ambientada nun futuro con ambiente apocalíptico🧟😱💀 Seguro que saíron cousas xeniais.  

Non esquezades que o ano pasado unha alumna do Leiras resultara gañadora provincial!✌✌

Moitas grazas por participardes, rapaces, e moita sorte!!🍀🍀🍀

venres, 25 de febreiro de 2022

#SementadePensamentos#rdc_2022. (4ª entrega) MÁIS POESÍA E MENOS GUERRA!

Inda temos unha nova entrega de haikus baseada nos pensamentos rosalianos! O alumnado de 3º de ESO está realmente inspirado!!👏👏👏 

A educación xera confianza, A confianza xera esperanza. A esperanza xera paz.  (Confucio).

Máis poesía e menos guerra! ☮🕊💙💛









xoves, 24 de febreiro de 2022

ROSALÍA NO DÍA DE ROSALÍA

 

Que mellor día para Rosalía ca o Día de Rosalía de Castro para recibir un premio literario?😀 Onte no edificio do Vello Cárcere tivo lugar o acto de entrega dos premios do CERTAME TRAPERO PARDO e a nosa alumna Rosalía Bernárdez Riopedre foi recoller o 1º premio. Estivo acompañada por Rosa, a súa profesora de Lingua Galega, e por Manuel, o Director do IES Leiras Pulpeiro. Novamente parabéns, Rosalía, isto comeza a ser un costume!👏👏👏


martes, 22 de febreiro de 2022

#SementadePensamentos #rdc_22 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022 (3ª parte)


Derradeira entrega de haikus creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO.  A nosa poeta sentiríase orgullosa das creaccións en forma de haiku que inspiraron versos seus relacionados cos pensamentos. 

O alumnado de 3ºde ESO tamén se ocupou de crear un pensamento con pétalos cheos de poesía que lucimos no corrredor do noso centro.

Parabéns e grazas polos vosos traballos! Son xeniais🙏

 Feliz Día de Rosalía!🌸🌸🌸










domingo, 20 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022 #SementadePensamentos#rdc_22 (2ª parte)


Nova entrega de haikus sobre os pensamentos rosalianos. Sinxelos e fermosos os haikus dos rapaces e rapazas de 2º de ESO. Escoitade que lles inspiraron estes versos.

E ben, ¿para que escribo?

O fondo sin fondo d’o meu pensamento

¿Que pasa ó redor de min?

Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos









DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022 #SementadePensamentos#rdc_22 (1ª PARTE)

O Día de Rosalía de Castro é o 23 de febreiro e para conmemorar o aniversario do seu nacemento a AELG propuxo, entre outras actividades, que alumnado crease haikus tomando como punto de partida célebres versos da escritora relacionados co pensamento e a reflexión posto que a flor preferida da poeta era esa, o pensamento: 

1-  D’aqueles que cantan as pombas y as frores

Todos din que teñen alma de muller

2-  E ben, ¿para que escribo?

3-  O fondo sin fondo d’o meu pensamento

4-  ¿Que pasa ó redor de min?

5-  Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos

Hoxe mostrámosvos nestes vídeos os primeiros haikus creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO. Gozade dos seus traballos! Tamén os podedes ver en @leirantes.






mércores, 22 de decembro de 2021

EXITAZO DO OBRADOIRO DE PAPIROCONTOS NA FEIRA DE NADAL DO LEIRAS


Quedamos sen leiros e todo!💸💸 Mais estamos moi felices de que os alumnos e alumnas o pasasen tan ben creando microrrelatos con dúas palabras, unha delas coroa (de Nadal)🎄 e a outra, escollida ao chou. Despois, preciosas coroas de origami!👌 Grazas ás compas do Departamento de Matemáticas, coas que compartimos actividade, unhas artistas da papiroflexia!😍 Bo Nadal a todos e todas!!⭐



venres, 29 de outubro de 2021

PLENO NAS #MICRORRELATAS!

Superfelices de que outra alumna do Leiras sexa a nova gañadora da cuarta e derradeira quenda de #MicrorrelatAs. Temos de novo unha inquietante microhistoria, ideal para estes días de Samaín e Defuntos 👻💀🎃. A autora: Noa Rodríguez Carballeira, de 4º de ESO. Menuda canteira de raparigas escritoras! Bravo, Noa, Iria, Adriana e Rosalía, a festexar o voso pleno 🂡🂱🃑🃁 nas MicrorrelatAs!!

E que gocedes todos e todas co relato de Noa!




martes, 26 de outubro de 2021

DERRADEIRA QUENDA DAS #MICRORRELATAS

 

Con tanta lata habemos de montar unha tenda de comestibles😂 Esta semana é a cuarta e derradeira quenda do concurso #Microrrelatas organizado por Normalización Lingüística do Concello de A Coruña. Tras os éxitos de tres alumnas nosas nas anteriores quendas, sería ben repetir outro/a gañador/a como broche final, non si?😊

Pois ben, estas son as palabras latosas, tomade nota!📝

  • Menores de 18 anos: larpeirada😋🍩, estudo📖📚, produto, nai👶
  • Maiores de 18 anos: penico, romance💕, traballo, destrución
Moita sorte, a por todas!!🍀💪

sábado, 23 de outubro de 2021

TRIPLETE DE GAÑADORAS! #MicrorrelatAs

 

A alumna de 4º de ESO Adriana Fernández Pazó resultou gañadora🏆 na terceira quenda do certame #MicrorrelatAs co seu fantástico e agoniante "Quero escapar deste traxe laranxa"😱. Recordade que Iria Burgo e Rosalía Bernárdez Riopedre gañaron nas quendas anteriores. Queda a da semana que vén... Faremos "cuadriplete"?🔢

Estamos moi felices de ver tanto talento literario en lingua galega no IES Leiras Pulpeiro porque sabemos que houbo máis microrrelatos moi bos que foron ao concurso📝💭

Abaixo podedes ler o microrrelato de Adriana. Moitos parabéns á gañadora!👏👏