martes, 4 de febreiro de 2020

ESTIVEMOS NA ENTREGA DOS PREMIOS TRAPERO PARDO

Tal como vos anunciabamos uns días atrás, a alumna de 2º de ESO, Rosalía Bernárdez Riopedre resultou gañadora do 1º premio na súa categoría, do XXV Certame de Relato Curto Trapero Pardo cun relato que leva por título "Portoriz".
Onte tivo lugar o acto de entrega no edificio do Antigo Cárcere onde a nosa alumna recibiu a distinción, xunto con outros rapaces e rapazas doutros centros. 👏👏👏
Parabéns para todas elas e eles e a ver se levamos ao longo do curso máis sorpresas coma esta, vistos os últimos éxitos literarios en lingua galega que está a acadar o noso centro .✌✌

Rosalía, cando poderemos ler "Portoriz"📄? Apetécenos!
 Rosalía recibindo o seu diploma
 Posando xunto á súa orgullosa profesora
 de Lingua Galega.



Ningún comentario:

Publicar un comentario