O terceiro grupo de 2º de ESO participou nas
Rutas Literarias do Museo. De novo, tras unhas sesións de lectura dos
Contos de fantasmas no Museo, as rapaces e rapazas puxéronse en marcha á caza de pistas para responder ben o cuestionario final que lles propoñen ao chegar á sala de Xulia Minguillón. Unha vez máis sorprendéronos coa súa rapidez e habilidade para resolver os misterios do Museo.
👀👻👹👽👿💀👥
Queda unha ruta máis para o curso, estarán impacientes vendo o ben que o pasan os compañeiros dos outros grupos que xa foron.
Cal conto vos gustou máis? Ou cal vos puxo máis medo?😓😨😧😱
 |
Marchamos en bus... |
 |
Pois nós en barco! |
 |
Estes sofren alucinacións con tanta fantasma... |
 |
Alá eles, nós, ao noso... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario