mércores, 15 de maio de 2019

Na Biblioteca con ANTONIO FRAGUAS (SEMANA ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS)

Despois dun xogo de pistas no Museo do Pobo Galego, e entre recitados das cantigas de Cotobade, o noso alumnado tamén está a realizar na Biblioteca actividades sobre a figura de Antonio Fraguas.

Tomando o material didáctico facilitado pola Deputación de Lugo co gallo da Semana Escolar das Letras Galegas, algúns grupos de alumnas e alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO andan estes días a traballar nas propostas de traballo que terán que rematar este xoves 16 de maio.

Sempre hai xeitos diferentes e interesantes de coñecer de perto o autor homenaxeado nestas Letras Galegas 2019.


 Primeiro, escoitar as indicacións da profesora.


 Con-cen-tra-ción



























4 comentarios:

  1. Unha gran oportunidade para que o voso alumnado coñeza a personalidade e o labor do gran mestre e persona Fraguas

    ResponderEliminar
  2. Despois da visita ao Museo do Pobo Galego, o traballo co libro axudounos a coñecer a fondo a unha gran figura da cultura galega.

    ResponderEliminar
  3. Antonio Fraguas foi un profesor exemplar que buscou novas formas de ensinar aos seus alumnos e que fixo moitas cousas por estudar a cultura galega.

    ResponderEliminar
  4. Traballado sobre Antonio Fraguas acercamonos a un home que traballou intensamente por Galicia.

    ResponderEliminar