xoves, 16 de maio de 2019

E CONCLUÍMOS OS ROTEIROS LITERARIOS DO MUSEO DE LUGO!

A nosas aventuras fantamais 👻👻remataron por este curso onte, 15 de maio. O derradeiro grupo de 2º de ESO pasouno en grande lendo os Contos de fantasmas do Museo, primeiro e participando no xogo de pistas no propio Museo, despois.
 Retornaremos con moitas ganas o vindeiro curso.
Aproveitamos esta entrada para vos desexar  a todas e todos para mañá un  FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Esperamos que coas actividades que estivemos a realizar todo este tempo tivésedes oportunidade de coñecer mellor a Antonio Fraguas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario