luns, 15 de novembro de 2021

LISTO O CALENDARIO ESTIÑO 2022!

Coma sempre, fantástico😍. Amosamos con detalle a peza seleccionada para que o autor o autora da mesma a identifique e leve de agasallo un dos calendarios. Parabéns e grazas ao colectivo Estiño pola montaxe e o magnífico traballo de coordinación e ao gañador ou gañadora cuxo nome desvelaremos prontiño🎨 Había traballos moi bos mais só podíase escoller un... En breve teremos algunhas aulas e partes do instituto decoradas co calendario😀



Á parte diso queremos que vexades o proceso de montaxe do calendario.Non hai sensación máis marabillosa e estimulante que o proceso de elaboración dunha peciña de arte colectiva coma é o Calendario Estiño. Este ano unha das integrantes do equipo creou un vídeo onde podemos ver as compañeiras e compañeiros de varios centros educativos participantes no proxecto, realizando durante a tarde do pasado venres, a montaxe das pezas do calendario📅📆. 

Quen quera aledar a súa casa ou a súa oficina cun deles, que nolo faga saber. O prezo é de 1,50€

 Mentres, gozade do vídeo da montaxe!



Ningún comentario:

Publicar un comentario