sábado, 12 de xuño de 2021

DE FESTA #ENREDANDOCOGALEGO!

O pasado xoves 10 de xuño os 34 alumnos e alumnas participantes no
proxecto #enredandocogalego, organizado pola AELG e a Concellería de Cultura e Turismo de Lugo, asistiron á festa de despedida no Auditorio Gustavo Freire, onde xunto co alumnado do IES Muralla Romana recibiron palabras de agradecemento dos organizadores do proxecto e do tenente de alcalde, Rubén Arroxo. Todas e todos recibiron un estupendo agasallo 🎧 pola súa participación e ademais diso sorteáronse uns lotes de libros📚 e mais unha tablet💻 para cada centro. Tamén foron recoñecidos pola AELG os magníficos exercicios de creación literaria📜💡 que foron enviando algúns alumnos e alumnas que tamén recibiron agasallos especiais. Os premios levados nestes días atrás dan fe da canteira de escritoras e escritores en lingua galega 👅💙💭💙que temos no Leiras Pulpeiro. Así mesmo conmovéronnos especialmente as reivindicativas e sentidas palabras💓 que dedicou o noso alumno de 1º de Bac, Iván Dono Doñé á nosa lingua, que recibiron unha fonda ovación de todos os asistentes.

Como sorpresa especial puidemos gozar da actuación de Verto🔝🔝🔝 e corear o seus famosos rebolando por ti, rebolando por ti🎶🎸 e "Oye gayego"🙌

Pola nosa parte, querémosvos dar as máis sinceras grazas por participardes neste proxecto ao longo de 21 días nos que narrastes a través das redes sociais as vosas experiencias de falar o galego durante tres semanas en ámbitos nos que non adoitabades facelo. Este tipo de traballos teñen un valor sociolingüístico moi importante. Contamos convosco para vindeiras edicións!!😃😃







2 comentarios:

  1. Un orgullo termos un alumnado defensor da nosa lingua 💙

    ResponderEliminar
  2. Parabéns a todo o alumnado participante e ás súas profesoras. Como non, é salientable o compromiso de Iván Dono que emocionou @s presentes coas súas sinceras palabras sobre a lingua e cultura galegas. ☺️

    ResponderEliminar