domingo, 11 de abril de 2021

Presentación do "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" na CASA DA XUVENTUDE

A alcaldesa de Lugo e outras autoridades deixaron por un día de ser boomers e aprenderon que eran as siglas RAG (Rir Ás Gargalladas)😂 ou que significaban palabras coma random, shipear, pana... 
O pasado venres 9 de abril, un grupiño de cinco alumnas e alumnos de 1º de ESO, que forman parte do equipo creador do Dicionario de galego para boomers, encargáronse de explicar ao público asistente nos actos do X ANIVERSARIO da Casa da Xuventude de Lugo, por que decidiron crear xunto coa profesora Noemí este dicionario virtual que está acadando unha grande difusión e acollida nas redes sociais e nos medios de comunicación.

Os nosos presentadores fixérono estupendamente e ao rematar a exposición proxectaron o vídeo feito por dous rapaces e unha rapaza de 4º de ESO dun poema de Rosalía de Castro, recreado en versión zoomer polo alumnado de 1ºBAC A, que xa vos presentaramos no Día de Rosalía.

A tormenta tan forte que houbo🌂⛆⛈ non impediu que o pasásemos en grande. Para relaxar os lóxicos nervios antes da presentación,  rebolamos nun baile coreografado pola escola de danza Gravity que anda xa rulando por tiktok!💃🙌🙆🙅

Aproveitamos de paso para vos amosar a reportaxe sobre o Dicionario, feito polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.


Mozos e mozas, parabéns, estivestes sensacionais!👏👏




Nun momento do vídeo do poema de Rosalía.


Rebolando






Intercambiando impresións coa Alcaldesa de Lugo







4 comentarios:

  1. Como que "el gallego no sirve para nada"? Grazas ao galego fannos reportaxes, contactan os medios, recíbennos as autoridades e dánnos premios. Temos unha lingua mundial e actual, mais que tamén necesita novos e novas falantes que a manteñan viva. Depende de nós que siga a ser así. Parabéns a Noemí e ao seu alumnado que está a descubrir e a espallar a potencia da nosa lingua.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas polas túas palabras, Manuel! Como dixo Eduardo Galeano "Moitas persoas pequenas, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo".

      Eliminar
  2. Parabéns desde o CEIP Menéndez Pelayo ao alumnado e á profe!! O futuro da nosa lingua está en vós, adiante! Gustounos moito vervos!
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi agradecidas :) Noemí é o vínculo entre esa xeración e a nosa. Comezou cos de 1º de ESO e animamos aos de 4º de ESO e 1º de BAC a colaborar. Desta volta foron os rapaces os nosos profesores que nos aprenderon palabras das que non tiñamos idea.

      Eliminar