xoves, 4 de febreiro de 2021

EN MARCHA PARA O CONCURSO COCA-COLA 2021!

Como xa vos comentaramos antes de Nadal, en breve vai ter lugar o certame provincial do Concurso literario de Coca-Cola  que, como ben sabedes non se puido realizar o ano pasado. Este ano os nosos alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO están entusiamados por participaren e hoxe tivo lugar o primeiro proceso de selección, porque soamente poden acudir 10 partcipantes e temos máis candidatos e candidatas, cousa que nos encanta😃 e nos entristece ao mesmo tempo porque non podemos seleccionar a todos os que se presentan😟.

Como facer para seres seleccionado/a? Moi doado: un folio en branco +  estímulo creativo que envía a organización+ moita ilusión + imaxinación= relato curto📝💡🌈😀💥 que pode ser premiado🏆. As profesoras que dan clase aos participantes encargaranse de seleccionar a eses 10 escritores e escritoras.

O EDL quere agradecer e parabenizar a todas e todos os participantes polo seu gusto por crear literatura en galego.

Moita sorte e grazas de novo por aceptardes este reto literario!!🍀🍀🍀🍀











Ningún comentario:

Publicar un comentario