Retornamos hoxe ao Museo Provincial de Lugo con outro grupo de alumnos e alumnas de 2º de ESO para participar
nas rutas literarias baseadas nos Contos de fantasmas no museo. As rapazas e rapaces, agrupados en catro equipos, pasaron unha hora moi entretida pescudando por todo o edificio do Museo na procura de pistas e saíulles moi ben a xogada.
Habemos de voltar na primavera cos outros dous grupos de 2º. Do transcurso da actividade daremos conta nas fotos que colocaremos no
taboeiro do corredor. Até a próxima!👻🙋
|
Posando xunto á Estela de Crecente. |
|
Gañamos nós, pero por pouco! |
|
Alegrade esa cara, rapaces! |
|
No bus, adestrándome para desvelar claves... |
Ningún comentario:
Publicar un comentario