martes, 30 de abril de 2019

Homenaxe a ANTONIO FRAGUAS. Recitamos cantigas do Cancioneiro de Cotobade

Antonio Fraguas Fraguas, o gran historiador e etnógrafo a quen os galegos e galegas homenaxearemos o 17 de maio, realizou unha recompilación e estudo das cantigas populares do seu Cotobade natal do que aprendeu os seus segredos, do mesmo xeito que se asulagou na ialma de aquiles homes, seus paisanos e amigos, cos que se identificou plenamente (Xaquín Lourenzo Fernández)
O IES Leiras Pulpeiro quérelle render unha pequena homenaxe na que varios integrantes da  nosa comunidade educativa recitan algunhas destas cantigas, que malia o paso dos anos non perderon nin gracia nin beleza, cualidades que se descubrirán coa súa lectura. (Antonio Fraguas, Aportacións ó Cancioneiro de Cotobade)
Nesta primeira entrega Montse, Bea, Suso e Vero son os recitadores/as de luxo. Moitas grazas pola vosa colaboración, fixéstelo fenomenal! 👏👏  E ha de haber máis 👂👈






Ningún comentario:

Publicar un comentario