martes, 12 de marzo de 2019

75 anos de SEMPRE EN GALIZA

 Imaxe RAG
O 10 de marzo de 1944 publicábase en Bos Aires Sempre en Galiza, de A.R. Castelao, obra de referencia do nacionalismo galego. Os primeiros exemplares que chegaron a Galiza fixérono de xeito clandestino. Castelao foi sorprendido pola Guerra Civil mentres escribía a Parte I e as demais partes tívoas que redactar xa no exilio, en Nova York e Bos Aires.
A obra, que consta dun limiar e catro partes (a 4ª parte comeza co discurso Alba de Groria, lembrades?) é un conxunto de artigos, ensaios e conferencias nas que Castelao nos achega á historia da nosa terra, realiza propostas para que o Estado español recoñeza Galiza, coma unha nación federada, xunto con Euskadi e Cataluña, e fai unha defensa apaixonada da lingua galega ao tempo que rexeita enerxicamente os estereotipos que se crearon dos galegos (...) A toda España fíxoselle crer que os galegos eramos xente inferior sen capacidade para os oficios das artes e das letras (...)
En resume, estamos ante un documento de grande valor e rigor intelectual e político, cuxas aspiracións, 75 anos despois, seguen aínda vixentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario