.... ao cargo da booktuber Rosalía Bernárdez Riopedre, alumna de 1º de BAC, que fai unha fonda análise da novela de María Reimóndez. Bravo!📙
sábado, 15 de outubro de 2022
venres, 30 de setembro de 2022
A NOSA LINGUA EN FORMA COAS PILULEIRAS!
Non perdades os vídeos feitos polo alumnado de Oratoria de 3º de ESO para promocionar as nosas Piluleiras! Grazas, Marta, Luna, Isabela, Amina, Rubén e Nerea💚💛
martes, 13 de setembro de 2022
BO COMEZO DE CURSO 2022-2023
Saúdos dinamizadores e moita forza nestes primeiros días. Seguiremos realizando actividades e poñéndovos ao día delas a través do blog e da nosa conta @leirantes😊, especialmente desta última!
Lembrade que podedes colaborar co ENDL quen queirades, xa somos unha familia ben grande que acollemos cos brazos abertos a todas e todos os que amades a nosa lingua.
Posoloxía: 1 piluleira ao día!💊
mércores, 22 de xuño de 2022
EXPOSICIÓN DOS #RELATOSDOMEUBARRIO
Así de ben quedaron os relatos do barrio do alumnado de 3ºD. Este proxecto formaba parte de #EduExcelencia e cada relato vai acompañado dunha fotografía📷✍ que o inspirou.
Un fantástico traballo coordinado pola compañeira Rosa, que vos convidamos a que leades!👏👏👏
Boas vacacións e bo verán a todas e todos!🌞👋👋
MANUEL MARÍA E A SÚA CONTORNA
Nunha actividade conxunta co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado dos catro grupos de 1º de ESO visitou Outeiro de Rei. O punto de partida foi a igrexa de Santa Isabel e o percorrido transcorreu pola contorna tan querida por Manuel María: a carballeira, as Insuas, o muíño... para chegar finalmente á Casa-Museo do poeta. e continuar coa visita guiada. Natureza e literatura, sempre unidas 🍃💚📗
luns, 20 de xuño de 2022
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022.
Este mesmo día, tamén na Biblioteca, realizamos a entrega dos premios do Concurso Letras Galegas 2022 nas modalidades de poesía, narrativa e deseño de selo ex´-libris.
Parabéns aos premiados e premiadas e a todos e todas cantos participastes! 💙🤍
venres, 17 de xuño de 2022
HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
O alumnado de 3º de ESO rendeu homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán cun recitado dos seus poemas, todo coordinado pola súa profesora Juncal. Fermosa maneira de rematar o curso, con poesía😀
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)