xoves, 14 de outubro de 2021

CONVOCATORIA DO 27 CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO


 Hai dous anos unha alumna do Leiras, Rosalía (inspirará o nome?😉), gañou o 1º premio na súa categoría 🏆 

Non é unha indirecta, eh😁... Como ben sabemos que rulan polo noso centro moitos escritores e escritoras talentosos, animámosvos a que participedes no 27 CERTAME DE CONTOS E RELATOS CURTOS TRAPERO PARDO, convocado polo Concello de Lugo. 

Tamén as tedes no noso Instagram. @leirantes.

O certame ofrece 3 premios dotados de 200, 100 e 70 euros para os traballos realizados polos mozos de 12 a 14 anos e de 250, 130 e 100 euros para os de 15 a 18 anos💰🤑. Os gañadores tamén recibirán un diploma e un lote de libros📘📙📚.

Velaquí abaixo tedes as bases. Xa nos tardan as vosas creacións!




Ningún comentario:

Publicar un comentario