Amosando publicacións coa etiqueta historias lingüísticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta historias lingüísticas. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de maio de 2021

UN IANQUI NA TVG

Imaxe do perfil de Andy na súa conta de Instagram
Acabamos de coñecer a nova de que o noso amigo Andy Chichester, o mestre norteamericano galegofalante vai ser entrevistado na Televisión de Galicia o Día das Letras Galegas no programa Quen anda aí?📺 👏👏

Andy é o convidado perfecto para un día no que festexamos as nosa lingua (debera ser todo o ano) e homenaxeamos a Xela Arias. Cada vez son máis galegos e galegas que coñecen a Andy a través da súa canle de youtube Mira quen fala galego ou a súa conta de Instragram Chibarinclub e admiran o seu compromiso e amor cara ao galego. Todo un exemplo a seguir.

Estaremos pendentes de velo e de escoitalo👀👂. 

Parabéns, Andy, mándanos un saúdo aos teus amigos e amigas do Leiras Pulpeiro!!💙🙌🙌

 

venres, 8 de xaneiro de 2021

NÓS, Palabra do Ano 2020.

 

Contra todo pronóstico, porque case todas e todos contabamos con que a Palabra do Ano 2020 había de estar relacionada coa omnipresente pandemia, non apostabamos por que saíse Nós, cousa que nos alegra moito. Nós loitaba polo primeiro posto con voces coma vacina, gromo, máscara, pandemia... todas do mesmo campo semántico. Por que Nós? Este ano celebrouse o centenario da Xeración Nós, tamén é un pronome tónico en 1ª persoa de plural que indica que imos saír desta todos Nós xuntos, unidos contra o inimigo común que nos está a complicar a vida dende hai varios meses.

Esta escolla foi salientada na emotiva reportaxe realizada por TVE 2020, única función. como podedes ver na imaxe de abaixo, caracterizándoa coma unha palabra cunha forza "imparable" cando permanecemos unidos fronte ás adversidades. 

Dende o EDL desexamos que pasásedes unhas Felices Festas de Nadal e que a Palabra do Ano 2021 estea relacionada coa inmunidade, a (vella) normalidade, as apertas e mais os bicos💜💆👫💋💪💉





mércores, 16 de decembro de 2020

GALEGO, LINGUA DE ESTRELAS

Lembrades que hai uns meses unha estrela co aburrido nome de  HD 149143 fora bautizada coma Rosalía de Castro?🌠

Pois ben, a semana pasada a Real Academia Galega presentou a listaxe de 88 nomes de estrelas na nosa linguqa coas súas correspondencias en latín, a lingua da comunidade científica, e cadansúa abreviatura.  Carneiro, Raposiña, Boieiro ou Can de Caza está xa presentes no noso firmamento. ☆★☆★

O traballo é froito da colaboración entre o Seminario de Terminoloxía e o equipo composto por Salvador Bará, profesor da área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela; Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; e o físico Dosi Veiga, impulsor de Ceos Galegos. 

Queredes coñecer os nomes galegos das 88 estrelas? Premede en estrela🌟 

Fermosa iniciativa, moi acaída para o tempo de Nadal🎄

mércores, 23 de setembro de 2020

COMEZAMOS O NOVO CURSO CUN SORRISO BAIXO A MÁSCARA

 

Benvidas e benvidos😀👋 a este novo curso co que arrincaremos de vez o vindeiro luns. Malia que neste ano escolar algunhas cousas non van poder ser coma antes, nós seguiremos tendo historias interesantes que vos contar e seguiremos a vos propoñer actividades atractivas para dinamizar o uso da nosa lingua. 

Comezamos hoxe falando unha palabra que designa un obxecto que agora nos acompaña todo o tempo e que pola saúde de todos e todas temos que utilizar: a máscara (*mascarilla é un castelanismo, ollo👈) 

Antes da pandemia, relacionabamos a máscara co Entroido, o teatro, festas de disfraces...🎭  É o seu primeiro significado pero como se trata dunha palabra polisémica, máscara ten máis acepcións, unha delas, aínda que non sexa a que máis nos guste, é a que tedes na imaxe esquerda. Se premedes en Portal das palabras atoparedes os seus diferentes significados. O lado positivo➕➕➕➕ deste significado de máscara co que agora convivimos tanto, é que nos protexe e protexemos con ela👴👵👩👨👧👦

Lembrade, SENTIDIÑO a feixes: usemos a máscara sempre  😷, así evitaremos os gromos  e volveremos prontiño á normalidade.