Parabéns aos premiados e premiadas e a todos e todas cantos participastes! 💙🤍
luns, 20 de xuño de 2022
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LETRAS GALEGAS 2022.
venres, 17 de xuño de 2022
HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
martes, 7 de xuño de 2022
luns, 6 de xuño de 2022
PREMIADAS E PREMIADOS NO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2022
Coma sempre é para nós un pracer comunicarvos as gañadoras e gañadores do Concurso Literario Letras Galegas 2022! 🏅🥉🥈🥇
NARRATIVA 1º CICLO ESO
1º Premio. Aitana Sofía Sastre Pineda
2º Premio: Darío Icardo Carballo.
POESÍA 1º CICLO ESO
1º Premio. Sophia Duarte Rodríguez
2º Premio. Hiba Rochdi
Accésit. Ashley Polanco Canario.
NARRATIVA 2º CICLO ESO
1º Premio. Rosalía Bernárdez Riopedre.
2º Premio. Martín Penas Rodríguez
Accésit. Noa Rodríguez Carballeira.
A entrega dos premios do Concurso Literario e do Concurso de Deseño de Selos ex-libris terá lugar o venres 17 de xuño á hora do recreo na Biblioteca.
Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas a todos/as os/as participantes!!!💙
xoves, 2 de xuño de 2022
PREMIADOS E PREMIADAS NO CONCURSO DE SELOS EX-LIBRIS LETRAS GALEGAS 2022
A proposta de Roi González Carballo, de 4º de ESO, resultou gañadora🥇 do Concurso de Selos Ex-libris Letras Galegas 2022📚. Co seu deseño faremos uns selos de madeira para marcar os libros en lingua galega do noso centro, e un dos selos será para Roi como agasallo de premio :) Como tamén nos gustaron moito a proposta de ex-libris da Rosalía-manga, ideada por Marta Devesa, e a de Román Pereira Cuba, acordamos outorgarlles uns accésits e encargaremos adhesivos coas súas creacións. Parabéns, artistas!🖋🖊✎🖉
luns, 23 de maio de 2022
CANTO SABES DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN?
martes, 17 de maio de 2022
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Grazas á cortesía do alumno de 4º de ESO, Samuel Rey Rozas, que nos fixo este estupendo retrato de Florencio Delgado Gurriarán, temos unha entrada ideal para vos desexar un Feliz Día das Letras Galegas 2022🤍💙🤍. Aproveitamos para vos mostrar unha faceta do autor de Valdeorras que se cadra non coñeciades: creador de adiviñas.🤔❓❔
Ollade estas que fixo a proposta do autor de ¿Que cousa e cousa? Libro das adiviñas.
luns, 9 de maio de 2022
CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2022
Como cada ano convocamos o Concurso Literario das Letras Galegas. Hai dúas modalidades: relato curto e poesía e o tema, inspiráronnos estes días, "O meu verán"






. Que vos parece?Os premios serán outorgados por ciclos educativos:
- 1° ciclo de ESO. 1°
e 2°
premio por cada modalidade.-2° ciclo de ESO. 1°
e 2°
premio por cada modalidade.-Bacharelato. 1 premio.

Se os/as integrantes do xurado o consideran, entregaranse tamén accésits:

Sempre acabamos concedendo algúns
Tedes que enviar os vosos traballos en arquivo a este enderezo electrónico co voso nome e curso: eunfalar@gmail.com
. No asunto poñedes "Concurso 2022"A data límite para enviardes as vosas creacións é o 23 de maio.
Animádevos a nos falar do voso verán!E para os/as artistas🎨 propoñémosvos deseñar un selo para decorar o libros en lingua galega do noso centro. Soamente ten que aparecer como texto: Letras Galegas IES Leiras Pulpeiro. O motivo tería que estar relacionado coa escritura e a literatura. Seguro que se vos ocorren ideas xeniais!
venres, 4 de xuño de 2021
ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021
- Poesía. 1º Premio: Sabela Barreiro Pérez, 2º Premio: Paula Núñez Ramírez. Accésit: Noa Pajón Real.
- Narrativa. 1ºPremio: Nuria Ledo Rodríguez, 2º Premio: Rubén Varela Rey. Accésits: Carmen Lian Rego Iglesia, Uxío Pita Bruzos, Samuel Manín García, Yaiza Sixto Fernández.
- Vídeo-poema Xela Arias. Accésit: Sara Nogueras Porto.
- Poesía. 1º Premio: Adrián García Rico, 2º Premio: Gabriel Valoría Figueroa, Accésits: Ignacio Illán Sastre, Aitor Teijido Coira, Marina Gómez Ibaseta.
- Narrativa. 1º Premio: Rosalía Bernárdez Riopedre, 2º Premio: Noa Rodríguez Carballeira, Accésits: Adriana Fernández Pazó, Sergio Navia Costa, Eva Díaz García.
- Vídeo-poema Xela Arias. Accésits: Andrés Martín Reija, Jarno Pousada Troitiño.
luns, 24 de maio de 2021
AQUELA NENA DE SARRIA veunos visitar
Os días 19, 20 e 21 de maio tivemos a sorte de ter canda nós a exposición itinerante sobre Xela Arias, Aquela nena de Sarria. A mostra, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, os seus vínculos con Sarria e o rural, o seu amor polo idioma galego e o empeño en que se recoñecese Xela como o seu nome real. Complétase con poemas dirixidos a Xela por alumnos e alumnas dos institutos sarriáns Xograr Afonso Gómez e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, así como de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, entre outras cousas máis. A exposición inclúe fotografías facilitadas pola familia de Xela e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autorapara este traballo.
O noso alumnado coñeceu máis cousas sobre a poeta sarriá visitando exposición e completando un cuestionario sobre a mesma.Agradecemos á compañeira Esperanza 😙o seu papel de intermediaria para que Xeliña puidese visitarnos. Foi un pracer coñecela.
domingo, 25 de abril de 2021
XELA ARIAS NA RADIO LEIRAS
A principal protagonista das nosas letras neste ano 2021, foi tema de tertulia e de entrevistas na Radio Leiras. A escusa foi un Concurso de podcast sobre Xela Arias organizado por Bibliotecas Escolares. Podíanse gravar até un máximo de tres e así fixemos. Os resultados foron espectaculares e aquí pasamos a agradecer o fantástico labor de todas e todos os integrantes da nosa comunidade educativa que nos "emprestaron" as súas voces. 👏👏👏👏📻🎤🎧
En primeiro lugar damos as grazas a Xabi Díaz por facer o traballo de editar e gravar os podcast🔧📟📡 para que quedasen como quedaron de ben. Grazas tamén a María Cabo por facilitar a sintonía musical🎶. E grazas aos compañeiros e compañeiras Ana Dopazo, Suso Coucheiro e Bea Iglesias por participaren no recitado dos poemas de Xela😀📖. As alumnas e alumnos Lucía e Samuel (4º de ESO ), Xavi, Area, José Luis e Martín (2º de ESO) Cinthia, Pablo, Iria e Maitane (1º de ESO) fixeron un excelente traballo como entrevistadores, recitadores e informadores💬📜📞📢 que foi posible grazas á coordinación de Rosa, Esperanza e Noemí💟.
Podedes escoitar o contido dos podcast premendo en Podcast 1, Podcast 2 e Podcast 3.
E así foivos todo. Que haxa sorte no Concurso🍀🍀 e se non gañamos nada, fica o gusto de participarmos nun programa na Radio Leiras.
Mentres, vaivos un vídeo que resume a semana de gravación. Que vos preste!
luns, 19 de abril de 2021
CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021
- Poderase participar nos tres concursos á vez
- O tema proposto para o relato curto e o poema é "Viaxo ao futuro"
- A extensión máxima do relato serán 2 folios por unha soa cara.
- A extensión máxima do poema será até 24 versos.
- O vídeo terá que ser unha versión dun poema de Xela Arias
- Os traballos enviaranse ao correo eunfalar@gmail.com antes do 7 de maio.
- No asunto do correo terase que precisar a modalidade pola que se concursa.
- No corpo do correo o/a participante deberá indicar nome, apelidos, curso e grupo.
- O relato ou poema enviarase en arquivo.
- O vídeo enviarase nun formato que non pese demasiado. Animádevos! Moita sorte e longa vida ás Letras Galegas!💙📘
martes, 6 de abril de 2021
SALA DE FUGA SOBRE XELA ARIAS
Non vos prestaría coñecer mellor á poeta á que se lle dedican as Letras Galegas este ano tratando de saír dese cuarto onde se agochan adiviñas e segredos sobre ela?🔑🔓❓❕ Adiante! Remexede sen medo no escritorio de Xela Arias, nos seus papeis, notas, arquivos, fotografías, apuntamentos, libros🔍👀📖👂📋💻📜📝📷 e acabaredes descubrindo retallos moi interesantes da (curta) vida de Xela, autora dunha poesía moi persoal que non vos deixará indiferentes.
domingo, 17 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020
venres, 15 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo COMEZAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
![]() | |
martes, 12 de maio de 2020
#DetrásDoMostradorClarexaoCeo ESCAPE ROOM NA CASA DE CARBALLO CALERO
Gústanvos as salas de fuga ou escape rooms? Nós propoñévosvos este de Anuska , dedicado ao autor que homenaxeamos este ano nas Letras Galegas 2020. Xa que tivemos que pasar tanto tempo na casa seguro que esta se converteu para vós nun lugar no que pasastes horas cultivando os vosos pasatempos de sempre e descubrindo outros novos 🎯🎻🎹🏀🎭🎳🎨📕🍜🍰.
Desta volta tedes que descubrir un misterio❓❔ na casa de Ricardo Carballo Calero, non podemos revelar máis😜... Crebade ben a cabeza e divertídevos moito!
martes, 29 de maio de 2018
María Victoria, terra adiante
mércores, 28 de xuño de 2017
Alumnado de 2º C fala de Casares
Instrucciones para empezar a hablar gallego. Letras galegas 2017
Ó finalizar o acto entregáronse o premios do concurso literario "Letras Galegas " narrativa e poesía na categoria BAC.
Instrucciones para empezar a hablar gallego. Letras galegas 2017 on PhotoPeach
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: creadores de historias
Entregáronse os premios do XV Concurso Literario "Letras galegas Leiras Pulpeiro"
Podedes ver a reportaxe gráfica;
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: Creadores de historias on PhotoPeach





















