Amosando publicacións coa etiqueta Sen categorizar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sen categorizar. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de febreiro de 2018

Día de Rosalía 2018

Uníndonos á proposta do AELG no Leiras Pulpeiro celebramos o ¨Día de Rosalía" enviando uns versos desta autora a distintos lugares do mundo: Madrid, Barcelona, León, Monforte, Francia, Polonia, Brasil, República dominicana, Colombia, EEUU...

O alumnado do centro escolleu e escribiu os versos que enviaron ós seus amigos e familiares en postais.



 

luns, 20 de novembro de 2017

Galeguízate

Galeguízate e merca a bolsa do EDL do Leiras Pulpeiro

Literatura popular

A literatura popular de tradición oral é moi rica en Galicia
O luns, 6 de novembro, puxémoslle voz a contos e cantigas populares.
Protagonistas, o alumnado de 4º ESO e varios profesores e profesoras.
Non perdamos as nosas raíces. Hai abundante bibliografía sobre cantos, contos, coplas, adiviñas, lendas … populares e, sobre todo, temos eses avós, avoas, persoas maiores que recordan perfectamente esta literatura oral e cos que podemos vivir momentos emocionantes. Que mellores mestres cós nosos maiores!
Literatura popular no Leiras on PhotoPeach

martes, 14 de marzo de 2017

Núñez Singala no Leiras Pulpeiro

Manuel Núñez Singala visitou o IES Leiras Pulpeiro para conversar co alumnado de 3º de ESO e 1º de BAC que leron os libros da súa autoría "Camiños da auga" e "Instrucións para tomar café" respectivamente.
Ó remate da mañá o alumnado do club de "Lecturas Leirantes" puido saudar ó autor d' O achado do castro"
Podedes ver a reportaxe gráfica dos actos.

Núñez Singala no Leiras on PhotoPeach

martes, 14 de abril de 2015

Asi foi, doutor

Co gallo do Día Mundial do Teatro (27 de marzo de 2015) o alumnado de 4º de ESO deleitounos cunha representación teatral da obra "Asi foi, doutor", de Suso de Toro. Pasamos un rato divertidísimo coas desventuras do pobre Xosé.

Se queredes botar un sorriso, podedes visionar a gravación que fixemos desta breve obra sobre a realidade lingüística e social da nosa terra, que ten o seu... (preme na imaxe)

dia_teatro

Para acceder ás fotos, podes visitar a entrada en Biblioleiras.

mércores, 4 de marzo de 2015

Eu son Rosalía

Rosalía dignificou o idioma galego iniciando coa súa obra “Cantares gallegos” o Rexurdimento literario no S. XIX.
Rosalía é a voz do emigrante obrigado pola pobreza a deixar a súa terra.
Rosalía é a voz das mulleres “viúvas de vivos e mortos” e da primeira reivindicación feminista.
Rosalía é a voz dos galegos e galegas que reclaman xustiza, a voz que se identifica cos que sofren, a que canta o amor, a dos que se senten abafados pola “negra sombra”, a voz dos que  na desesperación desexan a morte.
Rosalía é a voz da alegría de vivir, a da celebración das festas e romarías…
Rosalía é a expresión literaria do sentimento humano de aquí e de calquera lugar. Emporiso calquera persoa do mundo se pode identificar cos seus versos.
ROSALÍA, GALEGA UNIVERSAL


DSC00576 (Preme na imaxe para acceder ao vídeo)



341

luns, 23 de febreiro de 2015

O Leiras gañador no "Rosalía sempre viva"

DSC00526Ligazón á reportaxe gráfica


Ver vídeo:IES Leiras Pulpeiro. Premio 4-¬ categor+¡a


A  vixencia deRosalía  quedou manifesta o sábado 21 na Casa Museo de Manuel María onde se recitaron os seus versos. Rapaces e rapazas chegados de diversos puntos de Galicia puxeron voz ós seus poemas.

O noso instituto estivo representado por Andrea Vázquez de 3º de ESO e Alejandro Sánchez de 1º de BAC. Na categoría de BAC resultou gañador o representante do noso centro que recitou "Silencio"

A xornada serviu tamén para achegarnos á figura de Manuel María e coñecer aspectos da súa vida e obra trala visita guiada á súa Casa Museo.

Noraboa Alejandro
327

venres, 24 de outubro de 2014

Cociñando contos



Como se cociñan os contos? A fantasia, o real e o imaxinario, a vida, o amor, as palabras, a aventura, a maxia, as viaxes, o humor,o xogo, a diversión... son algúns dos ingredientes que conforman a creación literaria. Os alumnos e as alumnas do IES LEIRAS PULPEIRO de 1º de ESO participaron nos obradoiros organizados pola Deputación Provincial dentro das actividades da VI Semana do Libro e da lectura.  Para asistir ós  obradoiros  elaboraron traballos que se poden ver expostos no Museo Provincial. Resultou unha actividade moi gratificante. A continuación podedes ver unha reportaxe gráfica das actividades.

mércores, 3 de xullo de 2013

O EDL en Mondoñedo: Roteiro Leiras Pulpeiro

Para rematar as actividades normalizadoras do presente curso, o EDL viaxou a Mondoñedo para percorrer os espazos vitais de "Leiras Pulpeiro" convidados pola Asociación "Abrindo Camiños"



xoves, 2 de maio de 2013

Mil voces para Celso Emilio Ferreiro

A   Cadena Ser de Lugo quixo render homenaxe ó escritor Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.  A homenaxe pretendía que a cidadanía puxese voz ós textos do poeta e  difundir estas gravacións a través das ondas durante o ano 2012.


O noso  cento sumouse a esta  ilusionante iniciativa cun grupo de alumnado, membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Galegas.


Podedes escoitar os recitados dos participantes.


Simón Cuba (Longa noite de pedra):




Laura García Viñas (María Soliña):




Lucía Cabado (Inverno):




Nerea Santos Lago (Irmaus):



Román Paz (Monólogo dun vello traballador)


 

Xosé Anxo Núñez ( Deitado fronte ao mar)

Cristina Soto (A poesía é verdade)

 

Juncal Martínez Modia (Pra Mocidade)

Dolores Varela Salgueiro (Crónica Bursátil)

 

Alegrámonos de que xurdan  este tipo de   iniciativas  fóra do ámbito académico e procuaremos sumarmos e contribuír a todo o que supoña a difusión das nosa letras e cultura.

 

 

 

 

 

 

 

 Radio  Cadena Ser de Lugo quixo render homenaxe ó escritor Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.  A homenaxe pretendía que a cidadanía puxese voz ós textos do poeta e  difundir estas gravacións a través das ondas durante o ano 2012.

O noso  cento sumouse a esta  ilusionante iniciativa cun grupo de alumnado, membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Galegas,  Simón Cuba, Nerea Santos, José López, José Ángel Núñez, Lucía Cabado, Laura García, Sabela Brand, Joel Cobas e as profesoras Juncal Martínez, Mª Xosefa Senín, Cristina Soto e Dolores Varela que  leron poemas de Celso Emilio seleccionados e traballados previamente.

Alegrámonos de que xurdan  este tipo de   iniciativas  fóra do ámbito académico e procuaremos sumarmos e contribuír a todo o que supoña a difusión das nosa letras e cultura.