luns, 23 de febreiro de 2015

O Leiras gañador no "Rosalía sempre viva"

DSC00526Ligazón á reportaxe gráfica


Ver vídeo:IES Leiras Pulpeiro. Premio 4-¬ categor+¡a


A  vixencia deRosalía  quedou manifesta o sábado 21 na Casa Museo de Manuel María onde se recitaron os seus versos. Rapaces e rapazas chegados de diversos puntos de Galicia puxeron voz ós seus poemas.

O noso instituto estivo representado por Andrea Vázquez de 3º de ESO e Alejandro Sánchez de 1º de BAC. Na categoría de BAC resultou gañador o representante do noso centro que recitou "Silencio"

A xornada serviu tamén para achegarnos á figura de Manuel María e coñecer aspectos da súa vida e obra trala visita guiada á súa Casa Museo.

Noraboa Alejandro
327

Ningún comentario:

Publicar un comentario