Amosando publicacións coa etiqueta Acto público. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acto público. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xuño de 2022

FESTA FINAL DE #ENREDANDOCOGALEGO

Rematamos unha nova edición da actividade #enredandocogalego por todo o alto no Auditorio Gustavo Freire, onde os nosos alumnos e as nosas alumnas foron agasallados🎁🎁 polo seu labor nesas 3 semanas, ademais de participaren nun sorteo de libros 📚e dunha i-pad (parabéns aos afortunados/as😀).

 Ademais destes agasallos parte do alumnado que participou con creacións literarias foi recoñecido e agasallado pola AELG. E como concerto-sorpresa tivemos a SES🔥🔥🔥, toda unha sorte!!

Grazas polo voso traballo en #enredando!🤍💙 Vémonos na vindeira edición!👋👋








martes, 14 de xuño de 2022

ENCONTRO DE NOVAS VOCES

Un grupiño de alumnas e alumnos do noso IES, con moito amor á literatura e á escritura, tiveron a sorte de ser convidados ao Encontro de Novas Voces, organizado pola AELG, que tivo lugar no Vello Cárcere. Na sesión da mañá aprenderon de Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa. Pola tarde, man a a man coa poeta Yolanda Castaño. Todo un luxo contar con mestres desa categoría! Quen sabe? Talvez nuns anos son elas/eles quen impartan esas charlas...





xoves, 16 de setembro de 2021

PILULAS PARA DINAMIZAR ESTE NOVO CURSO!

Precisades de forzas para arrancardes neste novo curso?💪💪 O noso EDL ten unhas pilulas de lingua galega do máis efectivas 💊💊💊. Non tedes máis que ler o prospecto coas propiedades do noso idioma e veredes o ben que fan 😊😊. Este curso inauguramos a nosa conta de Instagram @leirantes na que tamén mencionamos a actividade do Equipo na Xornada de Benvida ao alumnado de 1º de ESO que organizou o o IES Leiras Pulpeiro.  
Á parte de participaren en diferentes actividades programadas para coñecer ben o centro que os vai acoller durante uns aniños, os nosos futuros alumnos e alumnas tiveron tamén a oportunidade de saber en que consiste o labor do noso EDL. Ademais de darlles unha dose de pilulas de lingua galega, levaron os prospectos en adhesivos por se se esquecen das bondades da nosa lingua💙👄. 

Foi unha xornada moi especial que se organiza por vez primeira no centro e que nos pareceu ideal para familiarizar ao novo alumnado co noso traballo. Parabéns e grazas á Directiva pola súa iniciativa e bo comezo a todo o mundo! Prometemos seguir argallando unha chea de actividades dinamizadoras, se a pandemia non nos freou o ano pasado, este aínda menos. Sempre con sentidiño! 🙌

Dúas madriñas de luxo











venres, 4 de xuño de 2021

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2021

22 alumnas e alumnos do noso centro recolleron 22 agasallos na entrega de premios do Concurso Literario Letras Galegas 2021. Tiñamos 3 categorías por ciclo da ESO e Bacharelato: poesía, narrativa e vídeo-poemas de Xela Arias con 2 premios para cada unha. En total teriamos que repartir 12 premios pero como as cousas que nos mandaron nos gustaron tanto tivemos que conceder varios accésits. Nós, encantadas e orgullosas de facelo e de ver o noso alumnado creando en lingua galega.😊😊😊

Velaquí a relación dos nosos escritores e escritoras premiados🏆🏆🏆:

1º Ciclo ESO. 
  • Poesía. 1º Premio: Sabela Barreiro Pérez, 2º Premio: Paula Núñez Ramírez. Accésit:  Noa Pajón Real.
  • Narrativa. 1ºPremio: Nuria Ledo Rodríguez, 2º Premio: Rubén Varela Rey. Accésits: Carmen Lian Rego Iglesia, Uxío Pita Bruzos, Samuel Manín García, Yaiza Sixto Fernández.
  • Vídeo-poema Xela Arias. Accésit: Sara Nogueras Porto.
2º Ciclo ESO.
  • Poesía. 1º Premio: Adrián García Rico, 2º Premio: Gabriel Valoría Figueroa, Accésits: Ignacio Illán Sastre, Aitor Teijido Coira, Marina Gómez Ibaseta.
  • Narrativa. 1º Premio: Rosalía Bernárdez Riopedre, 2º Premio: Noa Rodríguez Carballeira, Accésits: Adriana Fernández Pazó, Sergio Navia Costa, Eva Díaz García.
  • Vídeo-poema Xela Arias. Accésits: Andrés Martín Reija, Jarno Pousada Troitiño.
Moitísimos parabéns!👏👏👏👏






domingo, 11 de abril de 2021

Presentación do "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" na CASA DA XUVENTUDE

A alcaldesa de Lugo e outras autoridades deixaron por un día de ser boomers e aprenderon que eran as siglas RAG (Rir Ás Gargalladas)😂 ou que significaban palabras coma random, shipear, pana... 
O pasado venres 9 de abril, un grupiño de cinco alumnas e alumnos de 1º de ESO, que forman parte do equipo creador do Dicionario de galego para boomers, encargáronse de explicar ao público asistente nos actos do X ANIVERSARIO da Casa da Xuventude de Lugo, por que decidiron crear xunto coa profesora Noemí este dicionario virtual que está acadando unha grande difusión e acollida nas redes sociais e nos medios de comunicación.

Os nosos presentadores fixérono estupendamente e ao rematar a exposición proxectaron o vídeo feito por dous rapaces e unha rapaza de 4º de ESO dun poema de Rosalía de Castro, recreado en versión zoomer polo alumnado de 1ºBAC A, que xa vos presentaramos no Día de Rosalía.

A tormenta tan forte que houbo🌂⛆⛈ non impediu que o pasásemos en grande. Para relaxar os lóxicos nervios antes da presentación,  rebolamos nun baile coreografado pola escola de danza Gravity que anda xa rulando por tiktok!💃🙌🙆🙅

Aproveitamos de paso para vos amosar a reportaxe sobre o Dicionario, feito polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.


Mozos e mozas, parabéns, estivestes sensacionais!👏👏




Nun momento do vídeo do poema de Rosalía.


Rebolando






Intercambiando impresións coa Alcaldesa de Lugo