Amosando publicacións coa etiqueta Así fai o Leiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Así fai o Leiras. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de maio de 2022

ACTIVIDADE "POESÍA E XARDÍN"

Trala inauguración  a semana pasada do renovado Xardín do Leiras, decidimos tirar proveito das placas indicadoras de cada árbore, arbusto e flor, para organizar a actividade Poesía no Xardín, na que o alumnado ten que cubrir un cuestionario sobre os fragmentos dos poemas e os seus autores/as que aparecen nas placas. Aire libre☀, natureza🍂🍃🌹🌸🌷🌳🌲, actividade física🏃, literatura🔖... Que más podemos pedir?☺☺ A rapazada estao a pasar en grande!






xoves, 28 de abril de 2022

ÁRBORES E POESÍA NO XARDÍN DO LEIRAS PULPEIRO

Que sorte poder contar cun xardín cuxas árbores, arbustos e flores van acompañadas de versos dos nosos poetas galegos máis importantes! Fantástica iniciativa do IES Leiras Pulpeiro enmarcada no Programa Así Fai o Leiras, coordinado por María Cabo,  coa que colaborou o noso ENDL na procura dos poemas en galego dedicados ou que fan mención a árbores coma o carballo, a cerdeira, a nogueira, castiñeiro, etc🌾🌿🍀🍁🍂🍃🌺🌻🌼🌹🌸🌷🌱. Así mesmo para lle realizar unha nova homenaxe a Darío Xohán Cabana dedicándolle un carballo co seu nome. Varios compañeiros e compañeiras e antigos profesores do centro, leron poemas do autor durante o emotivo acto. Ademais de inaugurar as placas cos versos en diferentes linguas dedicadas a cada especie, tamén gozamos das explicacións do antigo profesor de Bioloxía do noso centro, Xosé Folgar, sobre cada especie plantada. Unha clase de luxo!👌👌