Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Europa. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de setembro de 2021

FELIZ DÍA EUROPEO DAS LINGUAS!

 En Europa fálanse máis de 225 linguas das que só se recoñeces 24 coma oficiais, ás que habería que engadir arredor de 60 linguas denominadas minoritarias. Así mesmo son faladas algo máis de 100 linguas pola poboación inmigrante procedente doutros continentes. Cada 26 de setembro, desde o ano 2001, festéxase o Día Europeo das Linguas  co obxectivo de reafirmar e de valorar a diversidade lingüística da UE. Dende o EDL do IES Leiras Pulpeiro queremos concienciar da importancia da nosa lingua como parte da riqueza do patrimonio lingüístico europeo. De nós depende que non se perda este tesouro!💙💙

Deixámosvos coa estupenda versión de Deus ke te Krew do poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar" 



martes, 21 de setembro de 2021

PANDERETEIRAS A EUROVISIÓN!

Portada do disco

No ano 1968 o cantautor Joan Manuel Serrat fora elixido para cantar La, la, la a canción que ía representar España no Festival de Eurovisión. Uns días antes Serrat expresou a súa intención de cantala en catalán. As autoridades franquistas negáronse en redondo e o cantante foi substituído pola cantante Massiel no Festival, mentres que Serrat foi vetado e boicoteado⛔🚫 durante varios anos en TVE polo seu xesto de valentía e de compromiso co idioma. ✊

53 anos máis tarde, Olaia, Sabela e Aida, tres pandereteiras galegas, integrantes do grupo Tanxugueiras, impuxéronse como favoritas do público para representar España en Eurovisión coa súa canción "Figa". Todo un exemplo para sentir orgullo da diversidade lingüística do Estado español e de que o galego se normalice usándose como lingua nun Festival internacional tan popular entre o público.

Oxalá nos dean unha alegría estas raparigas✌🙌🍀🍀. Mentres, gozade do vídeo e da canción!!👏👏👏