Cantas e cantos de nós non tivemos un
crush con alguén?💓E ben seguro que o pasabades en grande
shippeando amigos vosos💑. Como? Non entendedes nada...?😶 Sodes
boomers, seica... Iso non pode ser, tédesvos que preparar
24/7 🙇para vos converter en
admin🎓 no tema, e non sexades
simp, non vale, eh.👈.
Se queredes saber os segredos da fala da nosa rapazada e non ficar así con esta cara😮 cumpriría que consultásedes o noso Galego para boomers, iniciativa da compañeira Noemí na que moito alumnado de varios niveis vai colaborar encantado.
Trátase dun dicionario virtual de neoloxismos, especialmente os saídos das redes sociais e os vídeo-xogos. O alumno ou alumna ten que dicir a súa categoría gramatical, definir a palabra e por último, pór un exemplo do seu uso. Unha vez feita a tarefa, subirase cunha imaxe á conta de instagram.com/galegoparaboomers
Desta volta deixámosvos unha "chuleta" coas primeiras entradas para que saibades o que significa cada palabra e non cometades fails para a próxima.
Estamos living con este proxecto!🔝🔝🔝