Amosando publicacións coa etiqueta Patrimonio cultural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Patrimonio cultural. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de decembro de 2020

XA TEMOS O CALENDARIO ESTIÑO 2021!

 

Estabamos impacientes! Encántanos o resultado!💚👌. Agasallamos cun dos calendarios a Andrea, a autora da espadana seleccionada, que posa de camuflaxe na foto😷 con algúns dos seus compañeiros e compañeiras de clase .
Outros calendarios van decorar algunhas aulas do centro e na Conserxería. Na de 1ºC xa está posto, será porque queremos que remate prontiño este ano😜...

















mércores, 25 de novembro de 2020

ESPADANAS "POP"

Xa coñecemos a autora das espadanas seleccionadas para o calendario Estiño 2021. Trátase de Andrea Rodríguez Simón, alumna de 1º de ESO C. Moitos parabéns, Andrea! Un dos exemplares dos calendarios Estiño é teu👏👏

Os integrantes do colectivo Estiño contáronos que lles costou traballo elixir o debuxo porque había moitos e moi bos, por iso quixemos aproveitalos e facer unhas composicións para agradecer a todos os participantes polos seus traballos. Démoslle un toque pop📷🎨, a ver se vos gustan e adiviñades cal anaco é o voso👀🔍 . E nós, agardando polos calendarios!⏳⌛






luns, 16 de novembro de 2020

ALÓ IMOS CO CALENDARIO ESTIÑO 2021!

Fieis á cita con Estiño, parte das alumnas e alumnos de 1º de ESO participaron na elaboración do Calendario Estiño 2021. Como o tema desta edición era o río, tocounos pintar espadanas🌿🌿, esas plantas con forma de espada que abondan tanto ás beiras dos ríos. Quedaron cousas ben bonitas, que vos amosaremos no seu momento. A ver con cal quedan os de Estiño, pola nosa parte nós encantadas e encantados de participar😊 Xa nos tarda ver o resultado!⏳⌛



Abaixo tedes unha presentación do estupendo traballo que realizou o noso alumnado. Tedes que vela cos buscadores Firefox ou Internet Explorer. Que vos guste!😃

Calendario Estiño 2021 on PhotoPeach

luns, 26 de outubro de 2020

40 ANOS AMOSANDO DÍAS, SEMANAS E MESES

Ese vén sendo un dos labores máis coñecidos da asociación pedagóxica Estiño, que os alumnos e alumnas dos centros educativos elaboren un calendario de xeito colectivo sobre un tema concreto relacionado co noso patrimonio cultural, etnográfico, literario ou lingüístico, a nosa flora e a nosa fauna🌳🌿🌽🌰🍁🐤🐞🐂🐷🐴🌂☔📝. O primeiro, que podedes ver na imaxe, foi realizado no ano 1980 por alumnos de escolas rurais da provincia de Lugo. O tema era o dos traballos agrícolas. Dende ese ano, fóronse creando estes calendarios-póster doadamente recoñecibles polo seu corido e que decoran corredores, departamentos, oficinas, tendas, cuartos de moitos lugares de Galicia. A diferenza doutros calendarios e malia os avances tecnolóxicos no deseño, os calendarios Estiño seguen a  manter a espontaneidade e a frescura dos debuxos dos rapaces, por iso teñen ese aquel de irrestistible. Os beneficios conseguidos coa venda dos calendarios van como axuda aos proxectos educativos en Nicaragua coordinados por Ana Vila.👏👏
Dende o EDL do IES Leiras Pulpeiro queremos parabenizar o seu labor e agradecerlles que nos deixen participar na elaboración dos calendarios. Este ano apuntámonos de novo, o tema: o río! Imos aló!🐟🐠🐡🎣