luns, 26 de outubro de 2020

40 ANOS AMOSANDO DÍAS, SEMANAS E MESES

Ese vén sendo un dos labores máis coñecidos da asociación pedagóxica Estiño, que os alumnos e alumnas dos centros educativos elaboren un calendario de xeito colectivo sobre un tema concreto relacionado co noso patrimonio cultural, etnográfico, literario ou lingüístico, a nosa flora e a nosa fauna🌳🌿🌽🌰🍁🐤🐞🐂🐷🐴🌂☔📝. O primeiro, que podedes ver na imaxe, foi realizado no ano 1980 por alumnos de escolas rurais da provincia de Lugo. O tema era o dos traballos agrícolas. Dende ese ano, fóronse creando estes calendarios-póster doadamente recoñecibles polo seu corido e que decoran corredores, departamentos, oficinas, tendas, cuartos de moitos lugares de Galicia. A diferenza doutros calendarios e malia os avances tecnolóxicos no deseño, os calendarios Estiño seguen a  manter a espontaneidade e a frescura dos debuxos dos rapaces, por iso teñen ese aquel de irrestistible. Os beneficios conseguidos coa venda dos calendarios van como axuda aos proxectos educativos en Nicaragua coordinados por Ana Vila.👏👏
Dende o EDL do IES Leiras Pulpeiro queremos parabenizar o seu labor e agradecerlles que nos deixen participar na elaboración dos calendarios. Este ano apuntámonos de novo, o tema: o río! Imos aló!🐟🐠🐡🎣






Ningún comentario:

Publicar un comentario