Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2022

OS MAIOS NA RADIO LEIRAS


Así de ben o pasaron as locutoras e locutores de 2º de ESO B presentando un Venres Musical dedicado ao mes de maio🌷🌸🌹🌺🌻. Andrea, Rubén, Virxinia, Amina, Nour, Iria e Amina agasallaron os nosos oídos con fermosas cancións galegas sobre o maio como "Avelaneiras", "Maio Maduro Maio", "O maio", "Ben vennas" e "Maio longo". Unha proposta xenial para comezar con bo pé a ponte das Letras Galegas!🤍💙🤍

martes, 26 de abril de 2022

ROCK, POP, RAP E TRAP DA NOSA TERRA NA RADIO LEIRAS


Cinco alumnas e alumnos de 2º de BAC amenizaron o recreo deste martes con música rock, pop, rap e trap da nosa terra. Puidemos gozar de temas de Verto, Zënzar-rock, Boyanka Kostova, Dios k te krew e Familia Caamagno. 🎸

Parabéns ás locutoras e locutores!

Se queredes escoitar o podcast premede en Rock, pop, rap e trap do país.

sábado, 12 de marzo de 2022

MATRIARCAS, podcast musical 8M


Co gallo dos Venres Musicais organizados polo proxecto EDUexcelencia, no que participa o noso ENDL, Alejandro, Adriana, Rosalía e Sergio, de 4º de ESO, exerceron de locutores na Radio Leiras☢📻🎙presentando música de cantantes galegas que reivindican o poder da muller e a súa loita pola igualdade💜♀

Puidemos gozar da música de Guadi Galego, Sés, Flow do Toxo e de "8 voces, 8 de marzo"🔥🔥🔥, toda seleccionada pola compañeira Rosa.

Xunto con Xabi, autor do podcast, colaboraron como técnicos de son🎧🎧, Diego e Andrea, alumnos de 2º de Bac. Grazas polo voso traballo, quedou xenial!! 👌👏👏

Premede en podcast 👈para escoitalo!


domingo, 25 de abril de 2021

XELA ARIAS NA RADIO LEIRAS

 A principal protagonista das nosas letras neste ano 2021, foi tema de tertulia e de entrevistas na Radio Leiras. A escusa foi un Concurso de podcast sobre Xela Arias organizado por Bibliotecas Escolares. Podíanse gravar até un máximo de tres e así fixemos. Os resultados foron espectaculares e aquí pasamos a agradecer o fantástico labor de todas e todos os integrantes da nosa comunidade educativa que nos "emprestaron" as súas voces. 👏👏👏👏📻🎤🎧

En primeiro lugar damos as grazas a Xabi Díaz por facer o traballo de editar e gravar os podcast🔧📟📡 para que quedasen como quedaron de ben. Grazas tamén a María Cabo por facilitar a sintonía musical🎶. E grazas aos compañeiros e compañeiras Ana Dopazo, Suso Coucheiro e Bea Iglesias por participaren no recitado dos poemas de Xela😀📖. As alumnas e alumnos Lucía Samuel (4º de ESO ), Xavi, Area, José Luis Martín (2º de ESO) Cinthia, Pablo, Iria e Maitane (1º de ESO) fixeron un excelente traballo como entrevistadores, recitadores e informadores💬📜📞📢 que foi posible grazas á coordinación de Rosa, Esperanza e Noemí💟.

Podedes escoitar o contido dos podcast premendo en Podcast 1Podcast 2 e Podcast 3.

E así foivos todo. Que haxa sorte no Concurso🍀🍀 e se non gañamos nada, fica o gusto de participarmos nun programa na Radio Leiras.

 Mentres, vaivos un vídeo que resume a semana de gravación. Que vos preste!




xoves, 5 de xuño de 2014

Paco Nieto visita o Leiras Pulpeiro

O xornalista  Paco Nieto presentou no noso centro "As xoias do arquivo sonoro da cadena Ser". Puidemos escoitar gravacións coas voces de Castelao, Ánxel Fole, Luís Pimentel, Trapero Pardo, entre outros persoeiros.

Paco Nieto comentounos anécdotas que nos permitiron valorar a radio, medio de comunicación fundamental nas décadas dos 30, 40 e 50 do pasado século. Alumnado de 1º BAC e profesorado gozamos con esta actividade organizada polo EDL.

mércores, 27 de febreiro de 2013

Día de Rosalía

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega sumouse á celebración do día de Rosalía no 176 aniversario do seu nacemento.


Música: Alborada de Rosalía (Carlos Núñez)
(canta Fernanda Cabral )

martes, 10 de xullo de 2012

Mil voces para Celso Emilio Ferreiro

A Radio  Cadena Ser de Lugo quixo render homenaxe ó escritor Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.  A homenaxe pretendía que a cidadanía puxese voz ós textos do poeta e  difundir estas gravacións a través das ondas durante o ano 2012.


O noso  cento sumouse a esta  ilusionante iniciativa cun grupo de alumnado, membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Galegas,  Simón Cuba, Nerea Santos, José López, José Ángel Núñez, Lucía Cabado, Laura García, Sabela Brand, Joel Cobas e as profesoras Juncal Martínez, Mª Xosefa Senín, Cristina Soto e Dolores Varela que leron poemas de Celso Emilio seleccionados e traballados previamente.

Alegrámonos de que xurdan  este tipo de   iniciativas  fóra do ámbito académico e procuaremos sumarmos e contribuír a todo o que supoña a difusión das nosa letras e cultura.