Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alumnado. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xuño de 2022

EXPOSICIÓN DOS #RELATOSDOMEUBARRIO

 

Así de ben quedaron os relatos do barrio do alumnado de 3ºD. Este proxecto formaba parte de #EduExcelencia e cada relato vai acompañado dunha fotografía📷✍ que o inspirou.

Un fantástico traballo coordinado pola compañeira Rosa, que vos convidamos a que leades!👏👏👏

Boas vacacións e bo verán a todas e todos!🌞👋👋


 



xoves, 16 de xuño de 2022

FESTA FINAL DE #ENREDANDOCOGALEGO

Rematamos unha nova edición da actividade #enredandocogalego por todo o alto no Auditorio Gustavo Freire, onde os nosos alumnos e as nosas alumnas foron agasallados🎁🎁 polo seu labor nesas 3 semanas, ademais de participaren nun sorteo de libros 📚e dunha i-pad (parabéns aos afortunados/as😀).

 Ademais destes agasallos parte do alumnado que participou con creacións literarias foi recoñecido e agasallado pola AELG. E como concerto-sorpresa tivemos a SES🔥🔥🔥, toda unha sorte!!

Grazas polo voso traballo en #enredando!🤍💙 Vémonos na vindeira edición!👋👋








martes, 14 de xuño de 2022

ENCONTRO DE NOVAS VOCES

Un grupiño de alumnas e alumnos do noso IES, con moito amor á literatura e á escritura, tiveron a sorte de ser convidados ao Encontro de Novas Voces, organizado pola AELG, que tivo lugar no Vello Cárcere. Na sesión da mañá aprenderon de Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa. Pola tarde, man a a man coa poeta Yolanda Castaño. Todo un luxo contar con mestres desa categoría! Quen sabe? Talvez nuns anos son elas/eles quen impartan esas charlas...





sábado, 11 de xuño de 2022

#RELATOSDOMEUBARRIO

Este é o nome do proxecto coordinado por Rosa Varela, no que o alumnado ten que fotografar 📷📸un recuncho do seu barrio🏗🏘🌇🏡🏞 e crear un microrrelato inspirado na imaxe.  Hai moito material inspirador.... Ollade que cousas tan interesantes foron chegando. Xa nos tarda ver a exposición!











luns, 6 de xuño de 2022

PREMIADAS E PREMIADOS NO CONCURSO LITERARIO LETRAS GALEGAS 2022



Coma sempre é para nós un pracer comunicarvos as gañadoras e gañadores do Concurso Literario Letras Galegas 2022! 🏅🥉🥈🥇

NARRATIVA 1º CICLO ESO

1º Premio. Aitana Sofía Sastre Pineda

2º Premio: Darío Icardo Carballo.

POESÍA 1º CICLO ESO

1º Premio. Sophia Duarte Rodríguez

2º Premio. Hiba Rochdi

Accésit. Ashley Polanco Canario.

NARRATIVA 2º CICLO ESO

1º Premio. Rosalía Bernárdez Riopedre.

2º Premio. Martín Penas Rodríguez

Accésit. Noa Rodríguez Carballeira.

A entrega dos premios do Concurso Literario e do Concurso de Deseño de Selos ex-libris terá lugar o venres 17 de xuño á hora do recreo na Biblioteca.

Parabéns aos gañadores e gañadoras e grazas a todos/as os/as participantes!!!💙

sábado, 14 de maio de 2022

FINAL DOS PREMIOS DE VIDEOPOEMAS NA CASA-MUSEO DE MANUEL MARÍA

 
Este sábado tivo lugar na Casa-Museo Manuel María a final da V Edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro. O vídeo do alumno de 4º de ESO, Román Pereira Cuba, foi un dos 10 finalistas dos 80 vídeos presentados. Non resultou gañador mais coidamos que o seu vídeo, baseado no poema "Terra Chá" de Manuel María, é fantástico. Parabéns, Román!!👏👏👏









mércores, 6 de abril de 2022

DE RUTA POLA TERRA DOS POETAS

Os poetas de Celanova recibiron o alumnado de 3º de ESO, que estivo de visita na Casa de Curros Enríquez, no Mosteiro de San Salvador- onde viviu Celso Emilio Ferreiro a súa longa noite de pedra-, en Vilanova dos Infantes - terra de Méndez Ferrín- onde gozaron das vistas dende a Torre da Homenaxe e coñeceron a Casa do Zapateiro. Rematou a xornada en Castromao. Patrimonio artístico, natural e literario nun só día! E ademais os nosos alumnos e alumnas tiveron a sorte de visitar a aula do IES onde se rodou a serie El desorden que dejas. Que xronada tan completa e proveitosa!!



 


mércores, 16 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN DE POESÍA VISUAL

Queredes ver unha exposición de poesía ilustrada e de vídeo poemas?🎨📹 Tédela de camiño á Biblioleiras!→📚 Parte do alumnado de 4ºA e C realizou estas estupendas creacións artísticas con diferentes técnicas (colaxe, acuarela, témpera...) inspiradas en poemas de coñecidos poetas galegos e galegas de todo os tempos: Rosalía de Castro, Pondal, Luz Pozo, Colectivo Ronseltz, Eva Veiga, Lupe Gómez, Manuel María, entre outros...

Para ver os vídeo-poemas tedes á vosa disposición o código QR para visionalos. Tamén están colgados neste blog e na conta @leirantes

Esta actividade forma parte do Proxecto EDUexcelencia do que formamos parte. 

Bo traballo!!👏👏
 











domingo, 13 de marzo de 2022

UNHA ALUMNA DO LEIRAS, GAÑADORA DOS PREMIOS LITERARIOS MINERVA.

Rosalía Bernárdez Riopedre e unha das flamantes gañadoras da 50 edición dos prestixiosos Premios Literarios Minerva. Polo seu relato "Esvaecen as palabras dos recunchos da memoria", Rosalía recibirá 750€ e mais unha medalla de prata conmemorativa do certame🏅.

Sonados escritores e escritoras galegas como Olga Novo, Xesús Rábade Paredes, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Berta Dávila ou o recentemente desaparecido Darío Xohán Cabana, foron gañadores destes premios e comezaron unha importante carreira literaria. 

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 7 de abril no Colexio Peleteiro, organizador do certame.

Novos parabéns, Rosalía, sigue o camiño das letras, é todo teu! 👏👏👏

sábado, 12 de marzo de 2022

MATRIARCAS, podcast musical 8M


Co gallo dos Venres Musicais organizados polo proxecto EDUexcelencia, no que participa o noso ENDL, Alejandro, Adriana, Rosalía e Sergio, de 4º de ESO, exerceron de locutores na Radio Leiras☢📻🎙presentando música de cantantes galegas que reivindican o poder da muller e a súa loita pola igualdade💜♀

Puidemos gozar da música de Guadi Galego, Sés, Flow do Toxo e de "8 voces, 8 de marzo"🔥🔥🔥, toda seleccionada pola compañeira Rosa.

Xunto con Xabi, autor do podcast, colaboraron como técnicos de son🎧🎧, Diego e Andrea, alumnos de 2º de Bac. Grazas polo voso traballo, quedou xenial!! 👌👏👏

Premede en podcast 👈para escoitalo!


xoves, 10 de marzo de 2022

CONCURSO COCA COLA 2022

Hoxe, 10 de marzo, tivo lugar de xeito simultáneo en toda Galicia, o Concurso de Relatos Novos Talentos Coca Cola, destinado ao alumnado de 2º de ESO. No noso centro participaron 11 alumnos e alumnas. Partindo dun estímulo creativo💡🤔🖋, neste caso unha fermosa ilustración, inspirada nun dos relatos colectivos que participaron no concurso previo (enviamos tamén dous relatos dende o noso IES), as nosas literatas e literatos tiveron dúas horas para crear unha historia fantástica ambientada nun futuro con ambiente apocalíptico🧟😱💀 Seguro que saíron cousas xeniais.  

Non esquezades que o ano pasado unha alumna do Leiras resultara gañadora provincial!✌✌

Moitas grazas por participardes, rapaces, e moita sorte!!🍀🍀🍀

venres, 25 de febreiro de 2022

#SementadePensamentos#rdc_2022. (4ª entrega) MÁIS POESÍA E MENOS GUERRA!

Inda temos unha nova entrega de haikus baseada nos pensamentos rosalianos! O alumnado de 3º de ESO está realmente inspirado!!👏👏👏 

A educación xera confianza, A confianza xera esperanza. A esperanza xera paz.  (Confucio).

Máis poesía e menos guerra! ☮🕊💙💛









xoves, 24 de febreiro de 2022

ROSALÍA NO DÍA DE ROSALÍA

 

Que mellor día para Rosalía ca o Día de Rosalía de Castro para recibir un premio literario?😀 Onte no edificio do Vello Cárcere tivo lugar o acto de entrega dos premios do CERTAME TRAPERO PARDO e a nosa alumna Rosalía Bernárdez Riopedre foi recoller o 1º premio. Estivo acompañada por Rosa, a súa profesora de Lingua Galega, e por Manuel, o Director do IES Leiras Pulpeiro. Novamente parabéns, Rosalía, isto comeza a ser un costume!👏👏👏


martes, 22 de febreiro de 2022

#SementadePensamentos #rdc_22 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022 (3ª parte)


Derradeira entrega de haikus creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO.  A nosa poeta sentiríase orgullosa das creaccións en forma de haiku que inspiraron versos seus relacionados cos pensamentos. 

O alumnado de 3ºde ESO tamén se ocupou de crear un pensamento con pétalos cheos de poesía que lucimos no corrredor do noso centro.

Parabéns e grazas polos vosos traballos! Son xeniais🙏

 Feliz Día de Rosalía!🌸🌸🌸










domingo, 20 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2022 #SementadePensamentos#rdc_22 (1ª PARTE)

O Día de Rosalía de Castro é o 23 de febreiro e para conmemorar o aniversario do seu nacemento a AELG propuxo, entre outras actividades, que alumnado crease haikus tomando como punto de partida célebres versos da escritora relacionados co pensamento e a reflexión posto que a flor preferida da poeta era esa, o pensamento: 

1-  D’aqueles que cantan as pombas y as frores

Todos din que teñen alma de muller

2-  E ben, ¿para que escribo?

3-  O fondo sin fondo d’o meu pensamento

4-  ¿Que pasa ó redor de min?

5-  Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos

Hoxe mostrámosvos nestes vídeos os primeiros haikus creados polos alumnos e alumnas de 3º de ESO. Gozade dos seus traballos! Tamén os podedes ver en @leirantes.






martes, 18 de xaneiro de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATO COLECTIVO COCA-COLA NOVOS TALENTOS.

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO C e D presentaron dous microrrelatos colectivos, un por grupo, ambientados no futuro, a partir do 2050 😦. Así llelo pedían as bases do concurso Coca Cola Novos Talentos. O relato non podía exceder as 300 palabras e  tiñan que facelo por equipos. Imaxinade, un microrrelato por equipos, todo un reto de imaxinación e de organización!💡🖋😑💭 E saíron, e ben divertidos!

O microrrelato selecciónado inspirará a un ilustrador ou ilustradora🎨 para debuxar o estímulo creativo desta edición do concurso. Nós xa nos apuntamos ao aperitivo, a ver se se animan a continuar...

Saia ou non saia elixido un dos dous relatos, foi toda unha experiencia literaria e creativa. Bo traballo, rapaces!👌 A ver se hai sorte🍀

venres, 31 de decembro de 2021

ENTREGA DOS PREMIOS ÁS GAÑADORAS DO CERTAME #MICRORRELATAS

 

Onte, 30 de decembro, tivo lugar no Ágora de A Coruña o acto de entrega dos premios ás gañadoras do certame #Microrrelatas, nin máis nin menos que catro alumnas do Leiras Pulpeiro. Todo un orgullo rematarmos o 2021 con novas coma esta! Grazas á xentileza de Eva, ex-profesora de Lingua Castelá no noso centro e gañadora dun premio na súa categoría, temos fotos do evento. Parabéns, rapazas👏👏👏 e Feliz e Ventureiro 2022 a todos e todas.💙📆🗓







mércores, 22 de decembro de 2021

EXITAZO DO OBRADOIRO DE PAPIROCONTOS NA FEIRA DE NADAL DO LEIRAS


Quedamos sen leiros e todo!💸💸 Mais estamos moi felices de que os alumnos e alumnas o pasasen tan ben creando microrrelatos con dúas palabras, unha delas coroa (de Nadal)🎄 e a outra, escollida ao chou. Despois, preciosas coroas de origami!👌 Grazas ás compas do Departamento de Matemáticas, coas que compartimos actividade, unhas artistas da papiroflexia!😍 Bo Nadal a todos e todas!!⭐



xoves, 16 de decembro de 2021

OBRADOIRO DE PAPIROCONTOS NADAL 2021


Esta é a actividade conxunta que vos propoñemos o Departamento de Matemáticas e o EDLG para a Feira de Nadal o vindeiro 21 de decembro: o obradoiro de Papirocontos 💫 A fórmula é moi sinxela: creades unha figura de papiroflexia relacionada co Nadal🎄 (Beatriz, a experta no tema, axudaravos), a seguir escolledes dunha caixa unha palabra ao chou⌧ e co nome da figura que creastes e a palabra escollida escribides un microrrelato nun post-it!✎✎

Veredes que experiencia tan divertida e orixinal!👌

mércores, 3 de novembro de 2021

COMEZAMOS CO CALENDARIO ESTIÑO 2022!


Seguimos coa tradición de participarmos na elaboración dos calendarios do colectivo Estiño. Sempre nos animamos porque quedan preciosos!😄 Desta volta o tema é o tempo, algo do que nos presta falar en Galicia ☔☀☉☁⛅🌁🌈. Ao alummnado do Leiras tocoulle debuxar algo que nos preocupa fondamente: o cambio climático 😢🔥🌍🔥. E así, parte da rapazada de 1º e 2º de ESO estivo traballando arreo estes días e os resultados foron👌 Non van ter doada a escolla da peza.
Lembrade que cos cartos recadados coa compra destes calendarios, Estiño paga o prelo, a revista e tamén financian con eles proxectos educativos que coordina Ana Vila en Nicaragua 👏👏👏 O/a autor/a da peza seleccionada será agasallado/a cun calendario. Impacientes estamos!☺


Mentres, ollade que traballos tan bos fixeron ❣ Tamén creamos unha historia en @leirantes coas imaxes.