Amosando publicacións coa etiqueta Recitais poéticos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recitais poéticos. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de xuño de 2022

HOMENAXE A FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O alumnado de 3º de ESO rendeu homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán cun recitado dos seus poemas, todo coordinado pola súa profesora Juncal. Fermosa maneira de rematar o curso, con poesía😀














venres, 11 de febreiro de 2022

SEMANA DE HOMENAXE A DARÍO XOHÁN CABANA

 


Ao longo desta semana o escritor chairego Darío Xohán Cabana, que nos deixou o pasado mes de novembro🖤 estivo a recibir unha fermosa e merecida homenaxe por parte do alumnado de 4º de ESO, que recitaron poemas e leron algún fragmento en prosa da completa obra do autor, acompañadas das profesoras Juncal Martínez e Ana Dopazo, organizadoras da actividade. Parabéns a todas e todos, fixéstelo estupendamente con Darío ao fondo observándovos ben atento por tras!👌👏👏 O escritor de Roás forma parte da familia do Leiras Pulpeiro por motivos varios💚💛

mércores, 28 de xuño de 2017

XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: creadores de historias

Un ano máis o EDL organizou o Recital Poético dedicado na presente edición a Carlos Casares e Castelao. Participou o alumnado de 3º e 4º de ESO, profesorado e persoal non docente.
Entregáronse os premios do XV Concurso Literario "Letras galegas Leiras Pulpeiro"
Podedes ver a reportaxe gráfica;
XV Recital Poético. Carlos Casares e Castelao: Creadores de historias on PhotoPeach

martes, 7 de xuño de 2016

Letras galegas 2016

O EDL organizou o XIV Recital Poético: Manuel María, Lirismo e compromiso. O alumnado de 3º e 4º de ESO recitou poemas representativos do autor homenaxeado neste 17 de maio, acompañados con música de Mozart e imaxes alusivas ó contido dos mesmos.

Entregáronse os premios de narrativa e poesía do Concurso literario "Letras galegas Leiras Pulpeiro"

O alumnado de 1º de ESO leu a obriña teatral "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"

Letras galegas 2016:XIV Recital poético. Manuel María on PhotoPeach

mércores, 9 de xullo de 2014

Letras Galegas no 1º Ciclo

Alumnado dos Agrupamentos de 1º de ESO expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de ESO aspectos de vida e obra do autor chairego Díaz Castro. No acto recitáronse poemas e repartíronse os premios de 1º Ciclo de ESO do concurso literario "Letras Galegas 2014"

Aquí podedes ver a reportaxe gráfica do acto

venres, 6 de xuño de 2014

Recital poético 2014: Díaz Castro e outros poetas da Terra Chá

Un maio máis,  o EDL organizou un novo recital poético.  Poemas de Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel María, Darío Xohán Cabana e Díaz Castro foron recitados por integrantes da comunidade escolar. A música seleccionada por María Cabo e as imaxes escollidas  por Juncal Martínez e Brais Rodríguez enmarcaron os textos poéticos.

Ao rematar o acto fíxose entrega dos premios do Concurso literario Letras Galegas 2014

 
Recital 2014. Díaz Castro e outros poetas da Terra Chá on PhotoPeach

venres, 14 de xuño de 2013

Día das Letras Galegas 2013

O Día das Letras Galegas foi unha festa no instituto.

Entregamos os diferentes premios literarios mentres dúas compañeiras nos deleitaban cos sons da súas gaitas. Logo, sentámonos no chan e recitamos entre todos os marabillosos versos de Rosalía. Que ben o pasamos!


sábado, 27 de abril de 2013

RecitandoCelsoemiliO. 12-12-12

O día 12 de decembro de 2012 o EDL do IES Leiras Pulpeiro de Lugo sumouse á convotoria da Coordinadora dos ENDL RecitandoCelsoemiliO. Alumnos e alumnas de 1º,2º e 4º de ESO recitaron o poema "Deitado frente ao mar"



Recitado 12-12-12 from IES Leiras Pulpeiro on Vimeo.

mércores, 13 de febreiro de 2013

mércores, 6 de febreiro de 2013

Fotos do Recital no Día da Paz e da non Violencia

O 30 de xaneiro celebramos no IES Leiras Pulpeiro o Día da Paz e da Non Violencia. Velaquí deixamos unhas imaxes dos recitadores, acompanadas dunha das músicas coas que desfrutamos ese momento tan especial:

martes, 29 de xaneiro de 2013

XI Recital Poético: Leiras Pulpeiro

Un ano máis o EDL organiza o recital poético no que, con acompañamento de música e de imaxes, o alumnado de 3º e 4º de ESO xunto co profesores e profesoras poñenos voz a textos poéticos.

martes, 10 de xullo de 2012

Mil voces para Celso Emilio Ferreiro

A Radio  Cadena Ser de Lugo quixo render homenaxe ó escritor Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento.  A homenaxe pretendía que a cidadanía puxese voz ós textos do poeta e  difundir estas gravacións a través das ondas durante o ano 2012.


O noso  cento sumouse a esta  ilusionante iniciativa cun grupo de alumnado, membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e profesoras do Departamento de Lingua e Literatura Galegas,  Simón Cuba, Nerea Santos, José López, José Ángel Núñez, Lucía Cabado, Laura García, Sabela Brand, Joel Cobas e as profesoras Juncal Martínez, Mª Xosefa Senín, Cristina Soto e Dolores Varela que leron poemas de Celso Emilio seleccionados e traballados previamente.

Alegrámonos de que xurdan  este tipo de   iniciativas  fóra do ámbito académico e procuaremos sumarmos e contribuír a todo o que supoña a difusión das nosa letras e cultura.