xoves, 16 de setembro de 2021

PILULAS PARA DINAMIZAR ESTE NOVO CURSO!

Precisades de forzas para arrancardes neste novo curso?💪💪 O noso EDL ten unhas pilulas de lingua galega do máis efectivas 💊💊💊. Non tedes máis que ler o prospecto coas propiedades do noso idioma e veredes o ben que fan 😊😊. Este curso inauguramos a nosa conta de Instagram @leirantes na que tamén mencionamos a actividade do Equipo na Xornada de Benvida ao alumnado de 1º de ESO que organizou o o IES Leiras Pulpeiro.  
Á parte de participaren en diferentes actividades programadas para coñecer ben o centro que os vai acoller durante uns aniños, os nosos futuros alumnos e alumnas tiveron tamén a oportunidade de saber en que consiste o labor do noso EDL. Ademais de darlles unha dose de pilulas de lingua galega, levaron os prospectos en adhesivos por se se esquecen das bondades da nosa lingua💙👄. 

Foi unha xornada moi especial que se organiza por vez primeira no centro e que nos pareceu ideal para familiarizar ao novo alumnado co noso traballo. Parabéns e grazas á Directiva pola súa iniciativa e bo comezo a todo o mundo! Prometemos seguir argallando unha chea de actividades dinamizadoras, se a pandemia non nos freou o ano pasado, este aínda menos. Sempre con sentidiño! 🙌

Dúas madriñas de luxo











Ningún comentario:

Publicar un comentario